# Hashtag
Celebración do Atlético Arteixo tras vencer no Vero Boquete.

Un doblete de Adri Otero desata a loucura visitante no Vero Boquete

A goleada do Compostela ao Gran Peña o pasado Xoves Santo (5-1) quedou nun espellismo tras o vivido este domingo no Vero Boquete. O Atlético Arteixo, o equipo máis en forma da categoría con permiso do CD Barco -ambos lograron 25 dos últimos 30 puntos posibles-, asaltou San Lázaro cun triunfo de autoridade grazas a un dobrete do dianteiro Adrián Otero, que desatou a euforia no cadro visitante e o silencio na bancada compostelá.

O conxunto dirixido por Alejandro Expósito ‘Posi’ confirmou o seu espectacular momento e xa é terceiro na táboa. Dende logo, xa é un claro candidato para, cando menos, facer un bo papel no play off .

A celebración non tardou en chegar fóra do campo: os xogadores volveron facer da canción Se parece más a ti de Jambao o seu himno particular, compartindo nas redes sociais a súa xa habitual festa no vestiario.



O Arosa recupera a primeira posición

Pola tarde, o Arosa empatou ante o Estradense (1-1), pero o punto foi suficiente para recuperar o liderado na clasficación. A próxima xornada preséntase decisiva, cun duelo directo polo primeiro posto. O cadro da capital galega visitará A Lomba o vindeiro domingo nun partido que pode marcar un antes e un despois na loita polo tan cotizado ascenso directo.

Un doblete de Adri Otero desata a loucura visitante no Vero Boquete

A Terceira RFEF non para por Semana

Un doblete de Adri Otero desata a loucura visitante no Vero Boquete

Un doblete de Adri Otero desata a