# Hashtag

Os Vintage: delegados

Nas numerosas entregas que levamos feitas da sección os Vintage fáltanos falar de figuras tan importantes como a de delegado. Esa faceta cuxas funcións moitas veces pasan desapercibidas pero sen as cales os clubs poderían subsistir.

No fútbol profesional galego temos os exemplos de Juan Ángel Barros Botana, considerado un emblema no club de Riazor, ou Vladimir Gudelj, ex dianteiro bosnio que exerceu dita función no RC Celta.

Outros coñecidos exemplos, xa falando das nosas categorías, serían Rubén García, no CD Barco, Javicho Vázquez, no CD Estradense, ou Martín ‘Granada’, no Bergantiños FC.



Se seguimos baixando de categoría temos máis exemplos. Óscar López ‘Kuko’, na SCD Milagrosa, ou Raposo, na Residencia. E hai que destacar que estes homes de fútbol non soamente realizan esa función. Moitas veces fan de delegado, segundo adestrador, preparador físico, adestrador de porteiros… Un traballo totalmente impagable e case sempre pouco recoñecido. Eso si, gozan do máis importante: o respeto dos seus xogadores, dos seus amigos adestradores, dos afeccionados e de nós, os medios. Larga vida para todos eles! Sen vós, non somos nada!

Foto de portada: Érica Currás



Os Vintage: delegados

Os Diferenciais teñen a chave da Primeira

Os Vintage: delegados

Os Vintage: delegados