# Hashtag

As copas do fútbol feminino galego avanzan cara ás fases decisivas

As diferentes competicións de copa do fútbol feminino galego seguen avanzando no calendario e comezan a definirse as eliminatorias decisivas en varias provincias. A 19 de febreiro, algunhas copas xa teñen configurados os cadros de cuartos ou semifinais, mentres outras completan as fases previas con resultados contundentes e sorpresas.

Cuartos definidos nas copas da Coruña e na Costa

Na Copa da Coruña, os cuartos de final disputaranse con enfrontamentos como o Sporting Burgo–Victoria CF B, o Sporting Cambre–UD Carral ou o Bergantiños B–Atlético San Pedro, ademais do duelo entre Unión Campestre e Pastoriza. O cadro reúne equipos da Primeira e Segunda Galega, nunha eliminatoria aberta e sen favoritos claros.



Tamén a Copa da Costa chega aos cuartos con cruces xa establecidos: Cabana–Corme, Dumbría–Xallas, Corcubión–UC Cee e Muxía–Esteirana. Trátase dunha das copas comarcais máis competitivas do panorama galego, con presenza de varios conxuntos que destacan nas súas ligas.

A final da Copa da Costa disputarase en Santa Comba. RRSS Santa Comba info

Semifinais en Ferrol e fases previas noutras provincias

A Copa de Ferrol é a competición máis avanzada neste momento, xa en semifinais. Os enfrontamentos serán SD O Val B–Perlío e Narón–Discalzas, dous duelos entre equipos da zona que manteñen rivalidades históricas tamén na liga.

Na Copa do Sar, pola súa parte, continúa a fase previa con resultados xa coñecidos como o 7-0 do Boiro B ao Trazo ou o 4-1 do Touro ao Victoria FC B. Outros encontros seguen programados nesta rolda inicial.



A Copa Deputación avanza en Lugo e Pontevedra

Na provincia de Lugo, a Copa Deputación entra nos cuartos de final con cruces como Carballedo–Milagrosa, Chantada–San Lázaro, Monte Forte–Antas e San Roque–Friol B, que decidirán os semifinalistas nas próximas semanas.

En Pontevedra, a Copa Deputación continúa en dezaseisavos con varios resultados xa rexistrados. Destacan as vitorias do Valladares (0-2 ao Bandeira), do Caldas (3-2 á Unión Guardesa) ou do Balaídos (0-9 ao Catoira), nunha competición que aínda debe completar a rolda para definir os oitavos.



As copas do fútbol feminino galego avanzan cara ás fases decisivas

Os Diferenciais animan o Entroido (P. II)

As copas do fútbol feminino galego avanzan cara ás fases decisivas

As copas do fútbol feminino galego avanzan