# Hashtag
Erizana vs Tyde

Sete goles a un Preferente e un deles do porteiro: o Erizana firma unha das grandes sorpresas da Copa

A primeira fin de semana do ano, a última do Nadal, deixou varios regalos en forma de sorpresa nas primeiras eliminatorias de Copa. Quizais a máis soada foi a vitoria do Erizana, líder do grupo vigués da Segunda Futgal, fronte ao Tyde, conxunto de Preferente, por sete tantos a un.

O encontro, disputado este sábado no campo de Aral-Fontiñas (Baiona) e pertencente á Copa Deputación de Pontevedra, quedou practicamente sentenciado na primeira metade grazas á contundencia ofensiva do equipo local, que sorprendeu desde o asubío inicial a un rival teoricamente superior.

Os locais, que saíron de inicio con Pablo Varela, Praza Castro, Marcelo Casas, Anxo Domínguez, Jaime Vázquez, Boria Zamorano, Alejandro Martínez, Arturo Estévez, Sergio Moreda, Marcos Riomao e Miguel Vázquez Barciela, adiantouse moi pronto con dous goles de Estévez nos minutos 3 e 21.



Marcos Riomao ampliou a vantaxe e, aínda que Juan Páramos recortou distancias para o Tyde xusto antes do intermedio, o conxunto baionés non deu opción trala continuación.

Gol do porteiro Pablo Varela

Dous goles en apenas dous minutos, un deles especialmente celebrado ao tratarse do porteiro Pablo Varela, acabaron de romper o partido. A goleada pechouse con dous tantos de Iago Méndez no tramo final, que tamén se sumou á tarde goleadora.



Sete goles a un Preferente e un deles do porteiro: o Erizana firma unha das grandes sorpresas da Copa

Sete goles a un Preferente e un