A Real Federación Galega de Fútbol anunciou que busca o mellor gol do fútbol modesto no marco dunha campaña que desenvolve xunto a Veo denominada People´s Puskas 2025. Con este certame, pretenden «celebrar aos xogadores que poñen o corazón e a alma en cada partido—en calquera liga do mundo —e marcan goles que merecen o recoñecemento mundial«.
Desde o 8 de decembro ata o 6 de xaneiro poderanse presentar candidaturas. Virá despois un período de votacións ata o 5 de febreiro e finalizando coas votacións dos top 8 entre o 9-20 de febreiro.
A Real Federación Galega de Fútbol animou a todos os clubs e xogadores galegos a que presenten a súa candidatura. Pódese facer premendo aquí.
Un certame que busca o mellor gol
A empresa Veo puxo en marcha o People’s Puskas en 2022. Creárono ao ver que «a FIFA ignora as categorías modestas no seu Premio Puskas. Nós quixemos destacar as marabillas que os futbolistas de calquera categoría ou idade poden chegar a lograr. Cremos que este ano o gol pode vir de Galicia, polo que queremos animarvos a participar«, sinalan.
O ano pasado gañouno Jonathan Le Ner, xogador da sexta categoría francesa. O certame contou con máis de 2.100 candidatos presentados, 300.000 votos e máis de 30 millóns de impresións en redes sociais.


























































































































































































































































































































































































































































































































































