# Hashtag

Os Vintage: Boiro 2015/2016

En FutbolinGalicia non nos olvidamos dos xogadores, adestradores, afeccionados, directivos, árbitros, equipos e demais membros do noso fútbol, é dicir, de todos aqueles que día a día aportaron o seu gran de area para que o fútbol galego sea do mellor do fútbol español. O protagonista desta nova entrega de Os Vintage é o CD Boiro da tempada 2015/2016, que logrou o campionato de Terceira División e o ascenso a Segunda B.

A tempada 2015/2016 do Boiro rematou cun histórico ascenso a Segunda División B. Na Terceira da citada campaña, o conxunto dirixido por José Luis Lemos logrou saír campión tras obter 77 puntos nas 38 xornadas que daquela debían disputarse no por aquel entón cuarto chanzo do fútbol estatal. Os 71 goles a favor e unicamente 33 en contra foron determinantes para lograr a primeira posición ao remate da liga regular.

A última xornada do Boiro foi ante o rival directo

A derradeira xornada deparou un enfrontamento entre os dous primeiros clasificados, que chegaban separados por dous puntos. O Cerceda (72 puntos) necesitaba gañar a un Boiro que chegaba como líder (74 puntos). Malia valerlle o empate, o Boiro venceu con solvencia e impúxose por un contundente 4-0. O ascenso de categoría dependía agora do play-off.



Eliminatoria polo ascenso ante o campión do grupo 2

O Caudal Deportivo, mellor equipo esa tempada no grupo 2 de Terceira División, era o rival do Boiro nunha eliminatoria que decidiría unha praza de ascenso. O Boiro levouse o gran premio tras vencer 2-0 actuando de local e perder 1-0 na visita a Mieres (2-1 no global). Desta maneira a última fin de semana de maio do 2016 será sempre recordada para os de Barraña.

Dous xogadores do Boiro entre os máximos goleadores desa tempada

Rubén Rivera (20) e Jorge Cano (16) foron determinantes na parcela ofensiva do Boiro, anotando máis da metade dos goles do equipo durante a liga regular.

Mais o ascenso foi conseguido pola contribución diaria de todos e cada un dos integrantes do cadro de xogadores e do staff técnico. A continuación a relación dos mesmos: Álex Pouso, Kike Reguero, Borja Outeiral, Rodri Iglesias, Carlos Gómez, David Castro, Fran Gándara, Javi Martínez, Marcos Rodríguez, Francisco Allo, Suso Martínez, Máximo Oubiña, Xaco Galbán, Fidi, Pablo Pillado, Adrián Sende, Jorge Romay, Sidibé, Rubén López, Yhavé Prieto, Herbert, Jorge Cano, Manu Estévez, Rubén Rivera, Stefan, José Luis Lemos, Pablo Fernández e Rubén García.



O Boiro actual

Neste curso futbolístico 25/26 a situación deportiva do Boiro é boa. Pecha o ano ocupando a cuarta praza no grupo galego de Terceira RFEF, que otorga acceso ao play-off de ascenso. A loita por dito premio antollase dura, con moitos equipos en poucos puntos e en boas dinámicas.

Foto: Facebook CD Boiro



Os Vintage: Boiro 2015/2016

Un agasallo Diferencial polo Nadal! Con Javi

Os Vintage: Boiro 2015/2016

Vota polo teu Top 3 da Terceira