# Hashtag

Estes son os máximos goleadores de cada grupo da Primeira Futgal neste Parón de Nadal

Tras o Parón de Nadal, a Primeira Futgal entrará nun tramo clave da tempada e, xornada tras xornada, aparecen nomes propios que están a marcar diferenzas no apartado goleador. Facemos un repaso polos máximos artilleiros de cada un dos seis grupos, con loitas moi axustadas e liderados claros.

O gran referente ofensivo do Grupo 1 é Samuel Rumbo, do Oza Juvenil SD, que encabeza a clasificación con 14 goles. Ségueno Alejandro Fernández (Sporting Cambre), con 11 tantos, e Iago Seijo (Galicia Mugardos), que suma 10 goles e continúa na pelexa.

Máxima igualdade na cabeza do Grupo 2. Borja Casal, do Boimorto, e Francisco Moreira, do Muxía, comparten o liderado con 12 goles cada un. O terceiro posto é para Brais Pedreira, do CSD Arzúa, con 11 tantos.



O pichichi provisional do Grupo 3 é Anxo Méndez, do Ribadeo, con 11 goles. Por detrás aparecen Pablo Iglesias (SD Chantada), con 10, e Miguel Rivas, do Racing Villalbés B, que completa o podio con 9 goles.

O liderado goleador do Grupo 4 é para José María Junior Moreno, do Verín, autor de 11 tantos. Ségueno Daniel Real (CD Córgomo) e Imrane Aksasse (Nogueira de Ramuín), ambos con 10 goles, nunha loita moi aberta.

No Grupo 5 aparece o dominio máis claro da categoría. Ismael Cerqueiras, do CD Unión, manda con autoridade con 16 goles, abrindo fenda respecto aos seus perseguidores. No segundo chanzo están Juanín Rey (Sport Team Estrada) e Álex Rey (Marín), ambos con 9 tantos.



Outro dos focos de atención da Primeira Futgal está no Grupo 6. Manuel Martínez, do Atlántida Matamá, lidera con 15 goles. Moi preto sitúase Rafael Martín-Casal (CD Chaín), con 14 goles en só 12 partidos, tres menos que o líder. Completa o podio Saúl Vecina, do Gondomar CF, con 12 goles.

Estes son os máximos goleadores de cada grupo da Primeira Futgal neste Parón de Nadal

Retíranlle a vermella ao xogador do Cedeira

Estes son os máximos goleadores de cada grupo da Primeira Futgal neste Parón de Nadal

Vota polo teu favorito entre os Diferenciais