# Hashtag

Os Vintage: CD Castro 2015/2016

En FutbolinGalicia non nos olvidamos dos xogadores, adestradores, afeccionados, directivos, árbitros, equipos e demais membros do noso fútbol, é dicir, de todos aqueles que día a día aportaron o seu gran de area para que o fútbol galego sea do mellor do fútbol español. O protagonista desta nova entrega de Os Vintage é o CD Castro da tempada 2015/2016.

En maio do 2016 o CD Castro conseguía un histórico ascenso a Terceira División tras rematar como campión do grupo Norte da Preferente. Rematou a competición con 78 puntos, dous máis que a SD Dubra e o CSD Arzúa. Con 67 goles a favor e 31 en contra, o conxunto do Arturo Pereiro foi o máis regular durante toda a campaña.

Iván González Rodríguez, con 22 dianas, compartiu o pichichi con Eloy Díaz, da SD Dubra. O mítico e habilidoso Iván foi un dos grandes baluartes dos chairegos nun curso que aínda perdura na memoria da afección do Castro. Vicente González, máis coñecido como Tichu, e Omar Rodríguez, con dez e seis tantos respectivamente, foron tamén moi importantes na faceta ofensiva do cadro dirixido por Iván Lamas e un mozo Brais Prados.



O cadro de xogadores contaba con futbolistas como Adrián Yebra, Yelko Zarza, Dumi, Óscar Ferreiro, Jairo Gegunde, Juanma, Pedro Díaz, Antonio Pillado, Jesús González, Tanketín, Ziko, Nano, Alvarito, Diego Novo, Omar, Seixosmil, Tichu, Vizoso, Xaime, Dani Díaz, Iván González, Hugo Buide, Gabriel Rodríguez, Marino ou Palomo. O staff técnico estaba composto por Iván Lamas como primeiro adestrador, Brais Prados coma segundo ou Manuel Penas Espiño coma delegado.

Foto: El Progreso



Os Vintage: CD Castro 2015/2016

Un bo agasallo de parte dos Diferenciais

Os Vintage: CD Castro 2015/2016

Retíranlle a vermella ao xogador do Cedeira