# Hashtag
Os xogadores do Villalbés celebran a vitoria contra o Silva. RÁCING CLUB VILLALBÉS

Así chega a Terceira ao Nadal: un líder destacado e moita igualdade polo play-off

A Terceira RFEF chega ao parón de Nadal cun líder destacado, a SD Compostela de Secho, que semana a semana foi ampliando distancias cos seus perseguidores. A vitoria incontestable diante do Somozas (3-0) deixan aos capitalinos con 35 puntos, oito máis ca o segundo clasificado.

Nesa segunda posición aparece xa o Rácing Vilalbés de Juan Rodríguez, con 27 puntos, apoiado nunha gran solidez defensiva que o converte no equipo menos goleado da categoría e nun dos conxuntos máis regulares das últimas xornadas. O podio complétao o Arosa, terceiro con 26 puntos, logo de caer con claridade en Barraña este domingo (3-0).

O mellor balance nos últimos cinco partidos é xustamente para o Boiro, que pecha o ano en postos de play-off. Tamén o fará o debutante Céltiga. Moi preto aparece o Lugo B, que venceu na casa ao Alondras con moi boas sensacións. Os de Dani Galán seguen demostrando que poden ser un serio candidato para xogar a fase de ascenso. Quen queda fóra dos postos de promoción é o Somozas, penalizado pola últimas derrotas.



A zona media da táboa e o descenso

Na zona media da clasificación aparecen equipos chamados a loitar por cotas máis altas, como o Estradense, noveno con 21 puntos, ou o Alondras, décimo con 19. O Montañeros, pola súa banda, está ás portas do play-off con 23 puntos, tras colleitar oito puntos dos últimos quince posibles.

Na parte baixa, o Silva continúa como colista con 10 puntos, seguido do Barbadás (11) e do Noia (12). Con só un punto máis pero en zona de perigo atópase o Barco.

A competición regresará aos campos galegos a fin de semana do 10 e 11 de xaneiro.



Imaxe de portada: RÁCING CLUB VILLALBÉS

Así chega a Terceira ao Nadal: un líder destacado e moita igualdade polo play-off

Pedro Giménez, CD Ribadumia: «Se non lle

Así chega a Terceira ao Nadal: un líder destacado e moita igualdade polo play-off

Un bo agasallo de parte dos Diferenciais