Na AD Culleredo demostran que no fútbol galego nunca falta o bo humor. Na semana en que todos comparten en redes os seus datos de escoita en Spotify —o ‘Wrapped’—, neste equipo da Segunda Futgal botan man do enxeño para presentar unha versión propia e que non deixa a ninguén indiferente.
Por exemplo, a gráfica na que os usuarios ven os artistas que máis escoitaron é na publicación da AD Culleredo a listaxe de máximos goleadores, encabezada por Raúl Rey, con 14 tantos.
Noutra publicación, cambian o ranking de artistas favoritos polo ‘Top Multas’. E a gráfica na que Spotify lle di aos usuarios cantos minutos escoitaron música, aquí cambia polos 1.350 minutos que se leva borrado Nils esta temporada. «Iso son exactamente 15 partidos», destaca a imaxe.
Hai tamén oco para a canción máis escoitada e ata para o xogador máis ‘bufón’. Segundo a divertida publicación, xa lle caeron 153 broncas no que vai de liga.
A liga da AD Culleredo
O equipo protagonista desta simpática broma compatida en Instagram é a Asociación Deportiva Culleredo. Compiten na Segunda Futgal, no grupo da Coruña, e ocupan a primeira posición. Dos 13 partidos que levan xogados esta temporada, venceron 8, empataron tres e perderon en só dúas ocasións.

O Culleredo ten un punto de vantaxe fronte ao seu inmediato perseguidor, o Olímpico B.
Que son os Diferenciais?
Os Diferenciais de FutbolinGalicia son eses xogadores que anotan goles chave para os seus equipos, para levar os tres puntos, para salvar un empate in extremis… Tamén os que realizan grandes actuacións individuais. Todo iso recoñecemos nesta sección dos Diferenciais, que iremos actualizando xornada a xornada e para a que agardamos contar tamén coa colaboración dos lectores.
Cada xornada, a Primeira Futgal deléitanos con máis de medio cento de partidos. Como ter ollos en todos e cada un dos campos é imposible, agardamos a vosa participación para completar a listaxe dos Diferenciais.


























































































































































































































































































































































































































































































































































