# Hashtag

Os Vintage: José Antonio Costas Miranda

En FutbolinGalicia non nos olvidamos dos xogadores, adestradores, afeccionados, directivos, árbitros e demais membros do noso fútbol, é dicir, de todos aqueles que día a día aportaron o seu gran de area para que o fútbol galego sea do mellor do fútbol español. O protagonista desta nova entrega de Os Vintage é José Antonio Costas Miranda. A continuación a conversa con esta lenda do noso fútbol, con pasado en clubs como Valladares, Gondomar, Ponte Ourense, Coruxo, Lugo ou Val Miñor, entre outros. Ademais xogou coa Selección Galega de Terceira División.

FIG: De que equipos sénior formaches parte?

JACM: «Valladares (media tempada), Gondomar, Ponte Ourense, Grove, Coruxo, Lugo, Coruxo de novo, Cultural Areas, Gondomar de novo e Val Miñor. Cos últimos dous en Preferente e Primeira Rexional e cos demais en Terceira División e en Segunda B.»



FIG: E en categoría base?

JACM: «Valladares e Celta de Vigo.»

FIG: Tes algún momento que consideres coma o mellor da túa carreira?



JACM: «O ascenso co Coruxo a Segunda B.»

FIG: Como se produce o teu debut en Segunda División B (foi co CD Lugo)?

JACM: «Con moitísima ilusión xa que foi xa cunha idade considerable e xa pensara que o tren tivera pasado… mais despois do debut chegou o ascenso co Coruxo no 2010 con 34 anos.»



FIG: Que significa para ti o Coruxo despois de tantos anos no club?

JACM: «Teño sentimentos encontrados posto que foi o club máis importante sen lugar a dúbidas, mais por outra parte creo que á xente que levaba tantos anos no club non souberon despedila como se merecían. Falo por min pero hai outros amigos e compañeiros que creo que pensan igual ca min.»

FIG: Cal é o xogador co que coincidiches que máis impresión che causou?

JACM: «Xogadores que marcaban diferenzas, moitos e en distintas posicións. Nando e Menduiña (porteiros), Campos, Aira, Alberto García (centrales), Carril, Jacobo Campos (laterales), Antúnez, Rubén Durán, Marquitos (medios), e podería seguir con infinidad deles.»

FIG: Es máis do fútbol de agora ou do de hai uns 15-20 anos?



JACM: «O fútbol vai cambiando mais creo que antes era de máis pillería. Agora co VAR e cas distintas maneiras de interpretalo, estase a perxudicar o espectáculo.»

FIG: Algunha anécdota da túa carreira que recordes con especial agarimo?



JACM: «Cando fomos xogar a Lugo co Coruxo. Chegabamos a un campo que estaba imbatido ese ano e de feito ascenderon a Segunda con Quique Sétien no banco. Chegamos media hora antes do partido por unha avería no autobús. Gañamos cero a dous con Josiño de adestrador e o gracioso foi a crispación de Quique Setién na rolda de prensa. Unha anécdota de miles!»

«Outra anécdota que recordo con especial agarimo é a gran despedida e sorpresa que me fixo o Val Miñor na retirada posto que conseguiron xuntar, no campo de Condomínguez (Nigrán), a case tódalas persoas máis cercanas e importantes para min.»

FIG: Algún adestrador que te marcase especialmente e por que?

JACM: «Josiño Abalde, que me fixo debutar en Terceira, e Fonsi Valverde, que apostou por min na súa aventura en Lugo.»

FIG: Por que decidiches voltar a xogar tras varios anos parados?

JACM: «O gusanillo de saír a un campo se che gusta o fútbol non se vai nunca. A insistencia dun amigo (Alonso) para xogar de novo axudoume a dar o paso.»

FIG: Como foi o momento de decidir que chegaba a retirada?

JACM: «Moi duro. Aínda hoxe sinto a necesidade de saír a un campo, mais os anos pasan e a lesión de xeonllo foi o detonante. Os corpos xa non son o que eran con corenta e largos anos!»

FIG: Cal é a túa relación actual co fútbol?

JACM: «Agora pásoo ben vendo xogar ao meu fillo, de dez anos. E de vez en cando xogamos algún partido cos veteráns do Celta.»

Os Vintage: José Antonio Costas Miranda

Remata o primeiro trimestre con boas notas

Os Vintage: José Antonio Costas Miranda

Vota polo teu favorito entre os Diferenciais