Moisés, internacional sub-20, pasou polo Barcelona (onde coincidiu con figuras como Messi, Valdés, Iniesta ou Van Gaal), antes de xogar en Racing de Ferrol, Montañeros, Pontevedra ou Barbadás. Actualmente dirixe dende o banco ao Galicia de Mugardos. A continuación as súas verbas:
FutbolinGalicia (en adiante FIG): Como e cando foi o teu primeiro contacto cun balón?
Moisés Pereiro Pérez (en adiante MPP): «Foron no Pabellón de Ourense con cinco anos. Como moitos nenos aos que lles gusta o balón, apuntáronme á actividade extraescolar para disfrutar e divertirse. Chegando á etapa infantil e ao destacar, chamáronme da selección galega e fun internacional coa selección española.»
FIG: O Barcelona figura no teu currículo como xogador. Que recordos gardas desa etapa?
MPP: «Nun torneo víronme os seus oxeadores e comecei alí unha etapa moi bonita. Estiven en Barcelona durante 9 tempadas, dende os 15 aos 24 anos. Parecía un sono e fun quemando etapas ata meterme no filial, no que estiven cinco tempadas.»
«Tamén cheguei a estar en dinámica de primeiro equipo, xogando con eles algún partido. Recordo facer un gol no meu debut.»

«É certo que a última fase desta bonita etapa estivo marcadas por varias lesións e operacións de xeonllo. Isto fíxose complicado e dudei de si podería xogar de novo. Logrei recuperarme e comecei a etapa no Racing de Ferrol.»
FIG: Con que xogadores e adestradores coincidiches nesa etapa?
MPP: «Víctor Valdés, Iniesta, Xavi, Puyol, Messi, Quique Costas, Van Gaal, Serra Ferrer, Rexach, Jurac Vila director metodología, etc… A verdade é que tiven grandes compañeiros e adestradores.»

FIG: É unha estrutura totalmente distinta a tódalas demais nas que estiveches?
MPP: «Coidan moitísimo o fútbol base. Foi dos clubs pioneiros en establecer unha metodoloxía que tiña como base o modelo de xogo. As persoas que a implantaron, Johan Cruyff, Reinolds Michaels, Lalano Ruíz, eran moi influintes, polo que se comezou a traballar dunha maneira unificada. Todo está enfocado en sacar xogadores da base para o primeiro equipo.»
FIG: Tres tempadas no Racing de Ferrol, dúas delas en Segunda División. Que tal a experiencia no club de A Malata?
MPP: «Tras un par de anos sen poder xogar polas lesións, Silveira convenzoume para vir ao Racing de Ferrol, en Segunda División. Eu tiña folgos de voltar a Galicia e pasei tres grandes anos. Daquela non había a afección que hai hoxe. Daquelas, estando en media táboa en Segunda División, unha boa entrada podía ser sobre 4000 espectadores. Hoxe é moito máis e é unha alegría ver como a Malata se enche. Noutras cidades tamén se aprecia como o fútbol local comeza a ter maior protagonismo.»
FIG: Tras pasar por Zamora, regresas a Galicia, ao CD Ourense. Sendo orensán, debeu ser unh experiencia única, non si?

MPP: «É un gran recordo, un equipo que é añorado na cidade por histórico. Foi unha bágoa que desaparecese. CD Ourense, Pontevedra, Bárbadas ou Antela son clubs que son coma unha familia, nos que se está moi cómodo.»
FIG: En que momento decides facerte adestrador?
MPP: «Vendo un pouco o recorrido futbolístico, despois de estar en Barcelona, de recibir influencia de adestradores de tanto nivel e de compartir vestiario con xogadores de un grandísimo nivel, sentía a necesidade de compartir ese legado con xogadores promesas e con xogadores que non tiveron a sorte de poder vivilo. Éncheme transmitir todo iso! É un deber case.»
FIG: Como valoras ata o momento a tempada do teu Galicia Mugardos?
MPP: «A pesar da categoría creo que é un equipo referente en Ferrolterra, ademais de ser unha gran familia e estar moi ben estruturado. O obxectivo do proxecto é ascender. Estanos costando ocupar os postos altos, mais creo que o equipo vai a máis. Estannos lastrando os empates, que nos condicionan a nivel clasificatorio. Hai que ter fe no equipo, nos xogadores e no club. Seguramente a final de campaña estemos pelexando polos postos altos da táboa.»
FIG: Cres que as competicións tiñan máis nivel antes ca agora?
MPP: «Coa reestructuración non se pode dicir que a Preferente ou a Terceira sexan as de antes. É habitual que se diga que antes había máis nivel e mellores xogadores, mais por outro lado creo que hai unha maior profesionalización con figuras como o preparador físico, ou o analista. Todo isto fai que aínda que non haxa un nivel de futbolistas tan alto, si que hai un control máis táctico, un maior análise dos rivais, co que a competición remata por gañar certo nivel. Compénsase a baixada de nivel nos xogadores cun enfoque maior na parte táctica e física.»












































































































































































































































































































































































































































































































