# Hashtag
Iván Carril e Dani Giménez. SD SARRIANA

A Sarriana pecha a súa semana máis axitada cun empate ante o Marino

A Sarriana vén de pechar cun empate en Luanco (1-1) a súa semana máis convulsa e axitada en moito tempo. A destitución de Iván Carril co equipo na metade da táboa da Segunda RFEF causou unha gran sorpresa en toda Galicia. O club lucense anunciou a chegada do exguardameta vigués Dani Giménez como novo adestrador até o final de tempada, pero o certo é que a substitución chegou marcada polos problemas internos entre o técnico e a dirección deportiva.

Segundo informou El Progreso, o presidente da entidade, Manuel Sangil, recoñeceu que a decisión “non se debeu aos resultados”, senón á falta de cohesión no vestiario e aos choques entre o adestrador e a dirección do club. “O vestiario estaba totalmente desunido e a piques de estalar. Tentamos solucionalo, pero todo foi a máis”, explicou o mandatario, que cualificou a destitución como “a máis complicada” da súa etapa á fronte do equipo. O dirixente tamén recoñeceu que as tensións se arrastraban desde hai semanas e que a situación “podía derivar nun problema interno grave”.

Carril, pola súa banda, ofreceu a súa versión do ocorrido, negando problemas cos xogadores e sinalando directamente á dirección deportiva como foco do conflito. “Non é certo que haxa problemas cos futbolistas. Si coa dirección deportiva, que non sei nin quen é. Son cousas que deberían quedar dentro do club”, declarou un tanto molesto coas declaracións de Sangil.



Aínda así, o adestrador de Boqueixón mostrouse agradecido «pola oportunidade e polo traballo realizado”. “Son decisións que se toman no fútbol e hai que entendelas. Quedo coa experiencia e cos xogadores que o deron todo”, apuntou.

A traxectoria de Dani Giménez

Antes de recalar no conxunto lucense, Dani Giménez dirixiu ao Manchego da Terceira RFEF e ao xuvenil do Rayo Majadahonda. Ademais, formou parte do corpo técnico da selección da República Dominicana como segundo adestrador e exerceu como adestrador de porteiros da Asociación de Futbolistas Españois (AFE).

Imaxe de portada: SD Sarriana



A Sarriana pecha a súa semana máis axitada cun empate ante o Marino

Rafael Martín-Casal, CCD Chaín: “O obxectivo é