# Hashtag

Brais Prados ao Sigüeiro tras a saída ao Silva de Diego Armando

Sarriana, Silva e Sigüeiro mudaron de técnico esta semana. O cambio de adestrador na Sarriana foi un terremoto no fútbol galego e un dos temas dos que máis se falou esta semana.
Porén, non foi o único.

O Sigüeiro moveuse con rapidez tras a marcha do seu adestrador, Diego Armando, rumbo ao Silva —onde substitúe a Noé, primeiro técnico destituído esta tempada na Terceira Federación ao non remontar o mal inicio, sendo o equipo colista—.

O conxunto de Oroso apostou por Brais Prados, que colle as rendas do equipo coa misión de manter a boa liña amosada neste comezo de campaña.

Prados ten como última experiencia do Atlético Escairón, ao que dirixiu a pasada tempada no Grupo Norte de Preferente, e, malia a súa mocidade —31 anos—, xa conta cunha traxectoria coñecida no fútbol galego. Foi, precisamente, o artífice do ascenso da Sarriana á Terceira Federación hai dous cursos.



Reaccións

“O técnico de Outeiro de Rei chega con ilusión, carácter e un ascenso histórico á Terceira RFEF coa Sarriana ás suas costas. Agora tócanos camiñar xuntos para seguir medrando, paso a paso, na Preferente Futgal. Non van faltar traballo, humildade e compromiso”, escribiron dende o Sigüeiro.

Diego Armando chega ao Silva. “O club quere agradecer ao Sigüeiro F.C. todas as facilidades dadas para facer posible esta incorporación”, explicaron dende a entidade coruñesa, que se despediu de Noé agradecendo o traballo realizado polo técnico.

O terceiro actor desta historia é a Sarriana, que cesou a Iván Carril e este venres confirmou a chegada do exporteiro Dani Giménez. “Dani Giménez será o adestrador da Sarriana no que resta de tempada. Un mítico da portería do fútbol español que como adestrador xa pasou polo Manchego e polo Rayo Majadahonda entre outros”, escribiu o club sarriao.



Brais Prados ao Sigüeiro tras a saída ao Silva de Diego Armando

As Celtas toman o liderado en Segunda

Brais Prados ao Sigüeiro tras a saída ao Silva de Diego Armando

Rafael Martín-Casal, CCD Chaín: “O obxectivo é