A Segunda Federación feminina chega ao seu primeiro terzo de tempada cun claro nome propio entre os equipos galegos: As Celtas. O conxunto vigués é o novo líder do Grupo 1, e confirma o seu rápido crecemento tras o ascenso logrado hai só uns meses.
Un liderado con identidade propia
O equipo dirixido por Vicky Vázquez suma 21 puntos, dous máis que o Athletic Club B, segundo clasificado con 19. O cadro vigués combina intensidade e talento cun estilo de xogo cada vez máis identificativo. Contan cun gran acerto de cara á portaría rival e que consolida ás Celtas como un dos proxectos máis sólidos da categoría.
O conxunto celeste, que vive a súa segunda tempada de vida, mantén a ilusión intacta e demostra que o éxito da pasada campaña non foi casualidade.
Un panorama galego con luces e sombras

A realidade dos outros dous equipos galegos na Segunda RFEF é moi distinta. O Deportivo Abanca B, oitavo con 10 puntos, mostra unha versión irregular: competitivo nalgúns partidos, pero incapaz de manter unha liña estable de resultados. O filial branquiazul continúa sendo un equipo complicado de batir pero leva consigo una xeira de malos resultados tras as últimas 4 derrotas.
Na parte baixa, o Atlético Villalonga sofre. O equipo pontevedrés é colista con só 1 punto, lonxe da súa mellor versión. Tras un verán de moitas baixas e unha profunda reestruturación, ás xogadoras de Romina Dadín cústalles atopar regularidade nun grupo de alto nivel competitivo.














































































































































































































































































































































































































































































































