# Hashtag

Bruno González, Sporting Cambre: «O esforzo de todos fai que sigamos invictos»

O Sporting Cambre é o actual líder do grupo 1 da Primeira Galicia e continúa invicto tras as primeiras xornadas. Un dos nomes propios deste gran inicio é o de Bruno González, atacante de só 19 anos que xa suma cinco goles no seu primeiro ano como sénior. O dianteiro analiza o bo momento do equipo e a súa adaptación á categoría.

Futbolingalicia: O Sporting Cambre lidera o grupo 1 da Primeira Galicia e aínda non coñece a derrota. Como se explica este inicio de curso?

Bruno González: «Isto explícase pola unión do grupo. Formamos un grupo moi bo e, estando todos unidos, facemos un traballo excelente. O esforzo de todos, desde o primeiro ata o último, fai que aínda non perderamos ningún partido».



FIG: O pasado domingo o equipo logrou unha boa remontada ante o Sporting Coruñés. Que valoración fas do partido?

BG: «Non foi o noso mellor partido. Hai que mellorar algúns aspectos e condicionounos unha tarxeta vermella que nos deixou en inferioridade».

FIG: Que sensacións che quedaron tras marcar o definitivo 3-4 nos últimos minutos?



BG: «Foi unha alegría enorme. Non puiden celebrar o gol porque levei unha patada e tiven que saír do campo, pero a sensación de meter ese gol foi incrible».

FIG: Cal é o obxectivo do equipo para esta tempada?

BG: «O obxectivo é pelexar ata o final e conseguir o ascenso. Ese é o soño de todos».



FIG: Este é o teu primeiro ano como sénior e xa levas cinco goles en oito partidos. Como te estás a adaptar á categoría?

BG: «Estoume adaptando moi ben, e todo é grazas aos meus compañeiros, que me integraron como un máis da familia desde o primeiro día».

FIG: Levas tres partidos seguidos anotando. Como explicas esa facilidade de cara ao gol?

BG: «É grazas aos meus compañeiros. Entendémonos moi ben e, traballando todos xuntos, todo é moito máis doado».

FIG: Tes ficha co equipo B, pero con este rendemento xa es un dos habituais do primeiro equipo. Esperabas un inicio así no apartado persoal?



BG: «Non esperaba algo así, pero as oportunidades están aí, e creo que estou aproveitando ao máximo os minutos que teño».

FIG: Na túa traxectoria destaca un curto paso pola canteira do Deportivo. Que pasou aí?



BG: «Foi unha etapa bonita, porque é o equipo da túa cidade. Non tiven sorte cos minutos, pero sempre vou levar comigo ese recordo».

FIG: Tras esa experiencia, recalas no Ural. Como recordas esa etapa?

BG: «A etapa no Ural foi moi bonita. Máis que compañeiros, levei amigos para sempre. Disfrutabamos moito xogando xuntos e foi algo inolvidable». 

FIG:  Como decides volver ao Sporting Cambre?

BG: «Decidín volver porque quería xogar outra vez cos meus amigos, volver desfrutar do fútbol e tamén recuperar o sentimento de xogar no club do meu pobo».

Bruno González, Sporting Cambre: «O esforzo de todos fai que sigamos invictos»

Os Vintage: Yahvé Prieto Rodríguez

Bruno González, Sporting Cambre: «O esforzo de todos fai que sigamos invictos»

Bruno González, Sporting Cambre: «O esforzo de