# Hashtag

O Clásico pon patas arriba os horarios do fútbol afeccionado galego

Non é a primeira vez que ocorre nin vai ser a última, pero sempre chama a atención a alteración nos horarios do fútbol afeccionado galego que provoca a disputa do Clásico.

Millóns de persoas dende todo o mundo seguiron con atención o duelo da tarde deste domingo 26 entre o Real Madrid e o FC Barcelona. E moitos equipos galegos cambiaron os seus costumes, sabedores de que moitos dos afeccionados habituais dos campos galegos non querían perder ollo a ese partido. Por non falar dos xogadores, moitos deles seguidores dos dous equipos máis mediáticos do Estado.

En Galicia, moitos estaban coas pernas aínda cargadas tras xogar ás 12:00 os seus partidos. Esa é unha franxa horaria habitual nalgúns campos, pero que nesta fin de semana se converteu nunha das preferidas, xunto coa tarde do sábado.



Outros dos que estaba atentos ao Clásico na nosa comunidade non puideron acabar de ver o encontro, pois tamén había unha morea de partidos ás 18:00, 18:30 e ás 19:00 horas, poñendo a proba os sistemas de iluminación dos campos.

Por categorías

Na Terceira RFEF adiantáronse catro partidos ao sábado e outros cinco xogáronse na matinal do domingo, polo que ningún encontro coincidiu co Clásico. Non foi así na Preferente. No grupo norte, San Tirso e Lalín compartiron horario co Bernabeu, sete partidos foron pola mañá e un o sábado. No grupo sur, Ponteveda B e Beluso xogaron ás catro, mentres que catro partidos comezaron a partir das 18:30 horas.

Na Primeira Futgal a maioría de encontros xóganse os domingos pola tarde. En cambio, esta fin de semana celebráronse pola mañá (comezando entre as 11:30 e as 12:30 horas) ata 25 partidos. Por suposto, o máis destacado da xornada repasarémolo este luns e o martes na sección Os Diferenciais, na que pasamos revista a todos os campos da categoría.



Acontecemento mundial

O Clásico entre o Real Madrid e o FC Barcelona ten tirón mundial, reunindo millóns de espectadores diante da televisión. Cada edición convértese nun acontecemento global seguido en todos os continentes, con cifras de audiencia que superan con frecuencia os 600 millóns de persoas. Por iso, moitos equipos galegos preferiron non xogar á mesma hora, para ter xente nos campos e para que os seus propios xogadores visen o partido.

Máis alá do resultado deportivo, o partido esperta un enorme interese mediático e comercial. Marcas e medios aproveitan o seu impacto para lanzar campañas especiais, consolidando o Clásico como un fenómeno que transcende o fútbol e que se mantén como un dos espectáculos máis influentes do deporte mundial.



O Clásico pon patas arriba os horarios do fútbol afeccionado galego

Brais Pedreira, CSD Arzúa: «Algo ten o

O Clásico pon patas arriba os horarios do fútbol afeccionado galego

O Clásico pon patas arriba os horarios