A selección galega continúa coa súa preparación de cara a primeira fase nacional da Copa das Rexións UEFA. Despois da primeira sesión hai dúas semanas en As Corticeiras (Caldas de Reis), o combinado galego liderado por Manolo García ten previsto un novo adestramento a vindeira semana. Será o martes 28 de outubro ás 17.00 horas no campo municipal de Gallamonde, en Miño.
A Copa das Rexións UEFA volverá a escena a finais de novembro coa disputa das fases nacionais. A campioa continental en 2023 desputará os primeiros dous encontros en Castela e León, onde se enfrontará ao conxunto local e á selección andaluza. Ambos combinados abrirán a quenda de partidos o venres 28 de novembro. Galicia enfrontarase o sábado 29 a Andalucía e o domingo 30 a Castela e León.
Nesta primeira fase clasificaranse oito equipos, que se medirán nunha eliminatoria a partido único os días 28 e 29 de xaneiro. Os catro vencedores accederán á fase final nacional, que se celebrará do 27 de febreiro ao 1 de marzo, e onde se decidirá o campión de España.
Os 25 futbolistas da Terceira RFEF convocados
Para este adestramento, o técnico Manolo García citou a un total de 25 futbolistas. Hai 13 equipos da Terceira RFEF representados e tan só repiten 13 xogadores da última convocatoria.
Na portería estarán Antón Pérez (Céltiga), Isra (Estradense) e Carlos Pérez (Arteixo).
Na defensa: Diego Piña (Alondras), Barbolla (Montañeros), Yosi (Boiro), Adrián González* e Xabi* (Noia), Ander Bellido e Óscar López* (Estradense), Cadra (Racing Villalbés).

No medio: Álex Suárez (Montañeros), Lucas Camba* (Alondras), Diego Enjamio* (Boiro), Rachu (Noia), Noel (CD Barco), Brais Vidal (Estradense), André (Gran Peña), Make* (Racing Villalbés).
Na dianteira: Lombao (Arosa), Juan de Dora (Montañeros), Facu Moreyra* (Boiro), Noel Chaves* (Juventud Cambados), Pablo Trigo (Racing Villalbés), Cambón (Somozas).
Nota [*]: xogadores que repiten convocatoria

Imaxe de portada: RFGF




















































































































































































































































































































































































































































































