# Hashtag

Bruninho, Progresista FC: “O desafío é demostrarme a min mesmo que aínda teño gasolina para queimar”

O Progresista FC está a completar un gran inicio de curso na Primeira Futgal, consolidándose como un dos equipos máis fiables da categoría e asinando recentemente unha das goleadas da xornada cun contundente 1-7 ante o Candeán. Un dos protagonistas deste bo momento é Bruninho, que xa suma catro goles en cinco partidos desde a […]

Nico Cuevas, Cultural Areas: «A final de Pasarón vai ser un recordo para toda a vida»

Cultural Areas e Juventud Cambados disputaban este domingo en Pasarón a final da Copa Deputación de Pontevedra. Nun partido moi igualado de moito respecto e poucas ocasións, o conxunto de Ponteareas levouse o título grazas a un solitario tanto de Nico Cuevas a falta de quince minutos para o final do partido.  A vitoria do […]

Tren con destino Copa Deputación de Pontevedra. Seguinte parada: Cuartos de final

As Copas Deputación seguen avanzando roldas e esta semana arrincaron os oitavos de final da edición de Pontevedra, que estaban fixados para a fin de semana de Entroido. Coa excepción de dúas eliminatorias, o Pontearnelas-Ribadumia e o Beluso-Lalín que se xogarán en abril, os outros seis encontros disputáronse entre o martes e o xoves, dando […]

A Copa Deputación de Pontevedra avanza cara os oitavos de final

A diferenza doutras delegacións como a lucense, onde se disputou a primeira rolda da Copa durante a primeira fin de semana do novo ano, na provincia de Pontevedra tivo lugar a cuarta rolda desta competición. A Real Federación Galega de Fútbol fixou os partidos de dezaseisavos de final para este sábado 4 de xaneiro de […]

Os “One to Watch” da Preferente Sur en 2025

Coa última xornada da primeira volta aínda por disputarse, ademais dos partidos aprazados polo temporal que se recuperarán esta fin de semana, a segunda volta da Preferente Sur está á volta da esquina e promete ter grandes emocións. As loitas polo ascenso directo, os postos de fase de ascenso e a permanencia na categoría obrigarán […]

A Preferente Sur afronta a última xornada do ano cunha igualdade máxima

A penúltima xornada do ano na Preferente Sur deparou uns resultados que provocaron que a igualdade sexa o factor predominante na clasificación. A derrota do Céltiga ante o Atios (1-4) e as vitorias do Barco (0-1 en Pontevedra) e do Beluso (2-1 fronte ao Choco) ocasionan un triplo empate na cabeza da táboa (29 puntos), […]

  • 1
  • 2