# Hashtag
San Tirso Espanyol

O San Tirso resistiu máis de 50 minutos ante un Primeira División (0-4)

A resistencia do San Tirso chegou ata o minuto 53. O equipo de Fabio Rodríguez, da Preferente Norte, competiu ben e deixou unha boa imaxe ante todo un Espanyol de Primeira División nun marco incomparable, o Estadio de Riazor, e ante máis de 3.000 espectadores. Malia a derrota (0-4), que se acentuou nos minutos finais, os verdes competiron e deixaron bos minutos.

Iso tras uns primeiros minutos sen moita historia. Chegou a liña de fondo por vez primeira o San Tirso no minuto dez de partido, cando Rellán forzou o primeiro saque dende o curruncho a favor dos verdes, entre os berros da afección local. Xián probou un disparo afastado pouco despois, pero o lanzamento marchou a rentes do pao da portería defendida por Pacheco.

Respondeu o Espanyol acto seguido, cun disparo dende fóra da área de Aguado que obrigou a Adrián Castro a realizar a primeira parada. Nin un minuto despois, o colexiado sinalou penalti cando Gamallo derribou a Cardona na área do San Tirso. Lanzou Pere Milla, o balón bateu na madeira e saíu fóra. O San Tirso seguía con vida no partido, mentres a bancada respondía con berros de ‘pódese’.



Corría o 42 da primeira metade cando, tras recuperar Meijide un balón en campo rival, Denis forzou unha falta ao bordo da área, mais o golpeo de Xián bateu na defensa e marchou a córner. Nos últimos minutos da primeira metade, Denis a piques estivo de sorprender cun remate que sacou como puido Pachecho. Pere Milla respondeu cun balón que estrelou no pao.

Ocasións para San Tirso e Espanyol

O Espanyol, que movía o balón con tranquilidade ante a presión dos locais, intentou inaugurar o marcador cun disparo que marchou fóra. O San Tirso, que saíu cun claro 4-4-2, cortou unha morea de pases que buscaban dar lugar a opcións de perigo. Denis tamén chegou a liña de fondo no 26; faltáronlle metros do campo para poder definir diante do porteiro do conxunto catalán.

Con todo, foi o Espanyol o que tería unha clara ocasión, cun balón á área que rematou fóra Roca. Aos poucos, volveron ser necesarias as intervencións chave de Adri: primeiro para sacar un remate de cabeza dos cataláns, despois unha volea de Veliz e, finalmente, un disparo dende a frontal de Aguado.



Corría o 42 da primeira metade cando, tras recuperar Meijide un balón en campo rival, Denis forzou unha falta ao bordo da área, mais o golpeo de Xián bateu na defensa e marchou a córner. Nos últimos minutos da primeira metade, Denis a piques estivo de sorprender cun remate que sacou como puido Pachecho. Pere Milla respondeu cun balón que estrelou no pao.

Con opcións no comezo da segunda metade

Logo da reanudación, calquera dos dous equipos puido adiantarse. O Espanyol, cun remate de Cardona e unha finalización de Pere Milla. O equipo de Fabio, cun disparo dende fóra da área de Xián que volveu probar a Pacheco. Con todo, no 53 chegou o primeiro gol visitante, un tanto de Veliz de cabeza.

Xusto despois, Fabio realizaba os primeiros trocos e deu minutos a David Lameiro baixo paus. Os verdes colgaron varios balóns á área que chapou sen problemas Pacheco. Xa no tramo final, o Espanyol, máis fresco que os San Tirso, achegouse con perigo á portería verde. Gamallo cortou un ataque prometedor. Intentouno en dúas ocasións Ünüvar, topando con Lameiro e mais cun defensa.



A falta de seis minutos para cumprir o tempo regulamentario, anotou Cardona para o Espanyol, pero o seu tanto foi anulado por fóra de xogo. Con todo, logo chegaron dous goles consecutivos: o segundo tanto dos barceloneses chegou nunha boa xogada que culminou Cardona; mentres, tras un erro defensivo, Véliz fixo o terceiro. Case co tempo cumprido, apareceu de novo Véliz para anotar o cuarto e definitivo gol de encontro, poñendo o terceiro tanto na súa conta particular.

Ficha técnica

San Tirso (0): Castro, Rellán, Pablo Vigo, Gamallo, Carlos, Meijide, Denis, Segade, Xián, Christian e Jorge. Tamén xogaron Ferreiro, Quintáns, Antón, Sito e Lameiro.

Espanyol (4): Pachecho, Sergi Gomez, Veliz, Pere Milla, Olivan, Aguado, Sanchez, Cardona, Catala, Roca e Bauza. Tamén xogaron Almansa, El Hilali, Ünüvar e Lozano.

Goles: 0-1 (Véliz, min. 53), 0-2 (Cardona, min. 84), 0-3 (Véliz, min. 86) e 0-4 (Véliz, min. 91).

Árbitro: Cordero Vega. Amosou cartóns amarelos a Segade e Carlos (San Tirso) e a Gómez e Bauza (Espanyol)



Incidencias: partido da primeira rolda da Copa do Rei, disputado no estadio de Riazor ante 3.041 espectadores.

O San Tirso resistiu máis de 50 minutos ante un Primeira División (0-4)

Alex Jardí, CD Beluso: «Estamos a romper

O San Tirso resistiu máis de 50 minutos ante un Primeira División (0-4)

O Lóstrego volve á senda da vitoria

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *