# Hashtag

O San Tirso asina unha gran tempada e mellora rexistros na Preferente

O San Tirso mellorou rexistros con respecto á pasada tempada. O equipo de Mabegondo, que fora sexto na 22-23, despediu este ano a Preferente Norte na cuarta posición, a cinco puntos do Boiro. É a recompensa a un conxunto mozo que soubo competir en cada partido.

Aínda non dixeron a súa última palabra, pois este mércores buscarán ante o Carral un oco na final da Copa da Coruña, que se celebrará no estadio de Riazor. Con todo, xa é posible ir facendo balance do que significou este curso futbolístico para os verdes.

O centrocampista Iago Meijide, un dos xogadores revelación este ano na categoría, cualifica de “completa” a campaña do San Tirso. Pensa, iso si, que pagaron caro “perder ou empatar con algúns rivais da zona baixa”. Neses encontros foron deixando puntos que logo botaron en falta. “Estar máis acertados neses casos significaría estar máis arriba na táboa”, reflexiona Meijide.



O San Tirso caeu pola mínima ante rivais como Noia e Boiro. Iso non lles impediu ser quen de seguir o ritmo dos dous favoritos durante todo o campionato. Esa sensación mesmo os levou por momentos a soñar en grande, ata co ascenso. “Ao principio nin o pensas, pero cando te ves a metade de tempada pelexando cos de arriba é difícil non ilusionarse”, recoñece Iago Meijide, que acumula 30 titularidades este ano.

Misión: encaixar o mínimo

Só tres equipos da Preferente Norte encaixaron menos goles que os 33 que recibiu o San Tirso. Foron o Boiro (29), o Noia (30) e o Atlético Coruña Montañeros (31). Precisamente, esa solidez defensiva foi unha das claves para explicar a boa tempada do cadro de Mabegondo. Meijide conta que ao adestrador, Fabio Rodríguez, gústalle “que non encaixemos goles, así que o equipo fai moito para non conceder”. O pouco que chega, apunta o xogador, adoita acabar nas mans do porteiro, Adri Suárez.

Fabio tamén incide en que os seus futbolistas sexan intensos. Quere velos competir en cada unha das disputas e que gañen o maior número posible de balóns divididos. Ademais, o San Tirso fíxose forte na casa, aproveitando as dimensións do campo do Monte, de 55 x 97. Gañou 11 dos 17 encontros que disputou como local este curso. Como visitante, venceu en sete ocasións, mesmo caso que o líder, o Noia, ou o Sigüeiro, que rematou terceiro.



O San Tirso, camiño a Riazor

Outro dos aspectos polos que destaca o San Tirso é pola unión do vestiario. Formaron un grupo mozo, con moitos rapaces que saíron de xuvenís nas últimas tempadas. Só está a excepción dos veteranos César e Santi, ambos os dous de 44 anos, e que supoñen unha grande axuda para os máis novos. “Son espectaculares, saben moito e sempre intentan axudar, dende dentro do campo nótase moito. Fálanche, danche seguridade…”, sinala Iago.

Meijide tenta marchar por banda dun futbolista do Noia. Adrián Rodríguez (RNX Foto)

O propio Meijide é un bo exemplo da mocidade do cadro de xogadores. O centrocampista, de 21 anos, chegou ao campo do Monte o curso pasado, procedente do Ural. Entón, lembra, “xogara pouco na primeira volta, e na segunda funme asentando”. As cousas foron ben diferentes este curso, no que se converteu nun futbolista imprescindible no equipo de Fabio.

A bo seguro que non lle faltarán ofertas para a vindeira campaña. Con todo, cando Futbolingalicia lle pregunta por iso, responde que no San Tirso está “contento e que agora só pensa no vindeiro obxectivo do club, a LXXXI Copa da Coruña. Este mércores ás 20:30 mídense ao Carral en partido de semifinais. O obxectivo é acadar o billete para enfrontarse ao Victoria na gran final nun escenario único, o estadio de Riazor.



O San Tirso asina unha gran tempada e mellora rexistros na Preferente

Diario dun mercado Terceira RFEF. Episodio 1

O San Tirso asina unha gran tempada e mellora rexistros na Preferente

O dobrete, último obxectivo dunha tempada inesquecible

4 Comentarios

  1. […] O San Tirso asina unha gran tempada e […]

  2. […] O San Tirso asina unha gran tempada e […]

  3. […] O San Tirso asina unha gran tempada e […]

  4. […] O San Tirso asina unha gran tempada e […]

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *