# Hashtag
#Categorías RFEF #Preferente #Preferente Galicia Norte #Preferente Galicia Sur #Primeira Galicia #Terceira RFEF

O terceiro tempo. Episodio 4

Velaquí o cuarto capítulo do noso podcast ‘O terceiro tempo’. Un espazo que repasa as diferentes categorías do fútbol galego afeccionado os domingos pola noite, en pleno ‘prime time’. Todo o que aconteceu na Terceira RFEF, Preferente Norte e Sur así como os seis grupos da Primeira Futgal.

Esta nova aventura está pensada para evitar ese tedioso traballo de entrar acta por acta para ‘cotillear’ a colegas e rivais unha vez remata a xornada. Todas estarán concentradas nun único formato, atractivo e funcional. Con só premer o ‘play’ estarás informado de todo. Fácil, sinxelo e para toda a familia.

E quen será o mestre de cerimonias deste espazo multimedia e radiofónico? Pois non é outro que o comunicador lucense Suso Vázquez. Polivalente onde os haxa, a súa condición de Adestrador UEFA PRO e a súa oratoria; son as súas mellores cartas de presentación. A continuación o audio correspondente ao cuarto episodio de ‘O terceiro tempo’.



O terceiro tempo. Episodio 4

Iñaki Leonardo, Somozas: «O Racing de Ferrol

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *