# Hashtag
#Categorías RFEF #Preferente #Preferente Galicia Norte #Preferente Galicia Sur #Primeira Galicia #Terceira RFEF

O terceiro tempo. Episodio 1

Hoxe estamos de estrea en Futbolingalicia. Sacamos á luz o noso podcast ‘O terceiro tempo’. Un espazo que repasará as diferentes categorías do fútbol galego afeccionado os domingos pola noite, en pleno ‘prime time’. Ocupará de 9 a 12 minutos do voso final de semana para saber todo o que aconteceu na Terceira RFEF, Preferente Norte e Sur así como os seis grupos da Primeira Futgal. Máis todo o que poida surxir polo camiño!

Esta nova aventura está pensada para evitar ese tedioso traballo de entrar acta por acta para ‘cotillear’ a colegas e rivais unha vez remata a xornada. Todas estarán concentradas nun único formato, atractivo e funcional. Con só premer o ‘play’ estarás informado de todo. Coa televisión de fondo, ca cea ou coa ducha… Co que queiras! Fácil, sinxelo e para toda a familia. Sobre todo, se o teu equipo vén de perder no día.

E quen será o mestre de cerimonias deste espazo multimedia e radiofónico? Pois non é outro que o comunicador lucense Suso Vázquez. Polivalente onde os haxa, a súa condición de Adestrador UEFA PRO e a súa oratoria; son as súas mellores cartas de presentación.



Non lle queremos dar máis voltas. Así que, con todos vós, aquí tedes o primeiro programa dos moitos que nos quedan por diante! A desfrutar con ‘O terceiro tempo’!

O terceiro tempo. Episodio 1

Un verán convulso en Riotorto tras un

O terceiro tempo. Episodio 1

Fran López, Alondras: «Entrar nunha convocatoria co

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *