Con seis xornadas por disputarse, repasamos os equipos que actualmente ocupan postos de descenso a Segunda Futgal en cada un dos seis grupos da Primeira Futgal:
- Grupo 1: Valdoviño, Numancia de Ares e Galicia Caranza.
- Grupo 2: Agolada, San Lorenzo e Vista Alegre.
- Grupo 3: Oural, Meira e San Lázaro.
- Grupo 4: Viana, Cartelle e Seixalbo.
- Grupo 5: San Adrián, Soutomaior e Taragoña.
- Grupo 6: Santa Mariña, Milagrosa e Arenteiro B.
Os tres equipos que se atopan en descenso no grupo 1 aínda teñen opcións de salvación. Hai moita igualdade e menos de dez puntos de diferenza entre o último clasificado e a media táboa.
O Vista Alegre, o San Lorenzo, o San Lázaro e o Meira non superan os 20 puntos nos grupos 2 e 3. O seu descenso de categoría e cuestión de poucas xornadas. O Agolada e o Oural loitarán por permanecer na Primeira Futgal, tendo que recurtar unha desventaxe de 4 e 1 puntos respectivamente (falando sempre de saír do descenso directo).
Situación do descenso nos grupos 4, 5 e 6 na Primeira Futgal
Seixalbo, Cartelle e Viana loitarán por subir á décimo quinta praza, ocupada polo Loñoa. A seis puntos deles están Seixalbo e Cartelle. O Viana unicamente está a dous.
O Taragoña necesita unha auténtica milagre debido a contar con 17 puntos, once menos ca o Unión Dena, o primeiro equipo que está fóra do descenso no grupo 5. Soutomaior, con 21, teno moi complicado mais non imposible. O San Adrián, que conta con 25 puntos, ten unhas semanas de dura loita para intentar evitar o descenso.
Arenteiro B, con 22 puntos, Milagrosa, con 25, e Santa Mariña, con 26, buscarán fuxir do descenso no grupo 6. Este grupo destaca por ter moitos cambios na zona baixa xornada tras xornada por mor da tremenda igualdade existente. Goián e Domaio, con 27 e 28 puntos, sinten a respiración dos seus perseguidores.

Os temibles arrastres fan acto de presenza no descenso na Primeira Futgal
Cabe destacar que os sempre temibles arrastres de seguro farán que haxa máis de dezaoito descensos. A súa presenza sempre atemoriza a decenas de equipos por estas datas.
Quedan varias semanas por diante para que os equipos afectados intenten fuxir do descenso directo e tamén da zona de perigo polos posibles arrastres producidos por descensos de categorías superiores. Época de calculadora!
