# Hashtag

O Arzúa, a avaría do ‘queixo mecánico’

A pasada temporada o Arzúa ocupou praza de descenso na Terceira RFEF. O conxunto presidido por Víctor Manuel Gómez Alamancos xa planificaba a temporada en Preferente cando o sorprendeu positivamente a ampliación da categoría a dezaoito equipos. O «queixo mecánico» mantivo a súa praza na Terceira, pero pagou unha cara peaxe.

O descenso, que parecía seguro, fixo que o cadro de xogadores da campaña 2022/2023 quedara practicamente desmantelado. Varios futbolistas seguiron na categoría. O capitán Diego Enjamio marchou ao Arosa, onde foi un fixo para Luisito, ao igual que Ángel, indiscutible na medular do Betanzos e un estelar Lucas Antañón que asinou polo Gran Peña, pero que xogou boa parte da temporada no Celta Fortuna en Primeira RFEF. Outros integrantes do Arzúa recalaron en proxectos importantes na Preferente. Queiruga e Brian foron pezas claves nun Noia que acadou o ascenso, así como Hugo e David Noya no Boiro, que tamén xogará na Terceira o vindeiro curso.

O club arzuán apostou por darlle o temón do equipo a Chus Baleato. O veterán técnico do Val do Dubra chegaba ao Viso coa idea de repetir éxitos non moi lonxanos. Xunto a él chegou outro vello coñecido. O killer Iker Hurtado, un dos artífices do último ascenso do Arzúa. Ámbolos dous asinaron coa idea de liderar un complexo proxecto que arrincaba co gran obxectivo de manter a categoría.



Un mercado complicado

O mercado estival resultou difícil para un Arzúa, que optou por incorporar varios futbolistas da contorna chegados de conxuntos de inferior categoría. David Pereiro, da SD O Pino, Monterroso do Boimorto ou Manu Mosquera do Pol son algún exemplo. Outras incorporacións viñan de ser importantes na Preferente, como é o caso de Murilo, un dos artífices do ascenso do Betanzos ou Rodri, asinado do Galicia Mugardos. David González, fillo do mítico xogador do «Super Depor» Xosé Ramón, tamén chegou ao Viso logo da súa aventura en terras austriacas.

Diante da dificultade para completar o cadro de xogadores, o Arzúa optou por varios futbolistas chegados do outro lado do Atlántico, a maior parte cun discreto rendemento. O central arxentino Valentín que viña de acadar o ascenso a Segunda RFEF co Mensaxeiro, os estadounidenses James e Dylan, o chileno Cristóbal ou o atacante dominicano Chelo completaron un cadro de xogadores ao que lle custou moito adaptarse a unha categoría tan esixente e parella como é a Terceira RFEF.

De Baleato a Mariano

As xornadas pasaban e o Arzúa chegou a finais de novembro con un só punto no seu casilleiro logo de doce xornadas disputadas e rematou a primeira volta cunha única vitoria, a acadada diante do Barbadás no Viso xusto antes das festa de Nadal. A situación non mellorou moito no 2024 e a directiva optou pola remuda no banquiño. Dun histórico a outro. Alberto Mariano retornou ao club que xa dirixira a pasada campaña e con él chegaron reforzos. O central Izan, procedente do Sigüeiro e o centrocampista venezolano Aaron uníronse ao arxentino Antonio Michaylyszyn e ao histórico Suso Martínez. Tamén chegaron ao Viso o lateral arxentino Lautaro e o punta caboverdiano Alex Sander.



A situación non mellorou moito no final de xaneiro e o equipo xa era virtualmente de Preferente. Precisamente, nese intre o Arzúa amosou a súa mellor cara e foi quen de sumar sete puntos entres xornadas tras vencer a Viveiro e Rápido de Bouzas e empatar cun Gran Peña que rematou a Liga na segunda praza. Aínda que sexa simbólico, na derradeira xornada o Arzúa despediuse da Terceira RFEF cunha vitoria fronte ao Silva. Quen sabe se será presaxio dun novo ‘queixo mecánico‘ na Preferente.

O Arzúa, a avaría do ‘queixo mecánico’

Antón Permuy, SD Compostela: «Queremos enganchar ao

O Arzúa, a avaría do ‘queixo mecánico’

O equipo de mozos que soñou con

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *