# Hashtag

O Gran Peña supera expectativas no arrinque da Terceira RFEF

Consumidas as primeiras seis xornadas da Terceira RFEF, xa se pode afirmar que o Gran Peña superou as expectativas que moitos seguidores da categoría lle outorgaban ao cadro vigués neste inicio de liga. Tras a ruptura do acordo co Real Club Celta, non eran poucos os que auguraban un futuro escuro para o sénior masculino do club de Lavadores.

Con todo, e tras unha completa revolución no cadro de xogadores, o Gran Peña está competindo ao máis alto nivel cun equipo mozo. A media de idade está por baixo dos 23 anos. Contan cun bo número de futbolistas de 19 anos, mentres que o máis veterano, con 37, é o defensa Gullón, cunha longa carreira en diferentes equipos da Preferente Sur.

Só un xogador do pasado curso ficou en Barreiro para afrontar co camisola azul esta nova aventura do conxunto vigués lonxe do abrigo do Celta. Trátase do defensa Breo Sío. O resto de futbolistas chegaron, sobre todo, procedentes de equipos de Preferente da área de Vigo, como Cultural Areas, Choco, Atios, Moaña e Juvenil de Ponteareas. E mesmo da Primeira Galicia, de clubs como o Val Miñor e o Chaín. Tamén asinaron incorporacións do Rápido de Bouzas e o xuvenil do Coruxo e o Celta.



O Gran Peña é sexto na táboa

O Gran Peña comezou con bo pé a liga, superando a domicilio ao Somozas. Puntuou tamén na segunda xornada, ante o Barbadás, e na cuarta, diante do Silva. Caeu ante o Estradense e volveu atopar a vitoria en Barreiro, ante o Alondras (2-1). Este pasado domingo deron a sorpresa na Ribela, ao impoñerse 1-3 á Sarriana. «Houbo que sufrir, correr e traballar moito, pero ao final os rapaces tiveron unha boa recompensa», celebra o adestrador do Gran Peña, Martín Blanco.

Con este inicio, consumidas as primeiras seis xornadas do campionato da Terceira RFEF, o cadro vigués ocupa a sexta posición da táboa clasificatoria, con 11 puntos. Tres vitorias, dous empates e só unha derrota, ante o líder.

Martín Blanco admitiu que no Gran Peña non esperaban «ter estes puntos agora mesmo, pero o equipo vai medrando partido a partido e iso é unha grande alegría». Blanco sinala que cada vitoria e cada bo resultado «fai que medren os xogadores, a súa autoestima e confianza».



Martín Blanco, adestrador do Gran Peña. FIG

Recibirán en Barreiro ao Viveiro na vindeira xornada de liga e o técnico marca un obxectivo. «Tivemos mellores resultados fóra que en casa, e mellorar como locais é unha asignatura pendente. Logramos gañar o último partido e queremos controlar máis os encontros en casa e propoñer máis», di Martín Blanco, que xa fora noutra etapa adestrador do Gran Peña, club no que tamén xogou.

O Gran Peña supera expectativas no arrinque da Terceira RFEF

Carabán, Estradense: «Atopámonos nun bo momento»

O Gran Peña supera expectativas no arrinque da Terceira RFEF

Vicente Cemin, Xuvenil de Ponteareas: «Xogar en

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *