Personalizar las preferencias de consentimiento

Usamos cookies para ayudarle a navegar de manera eficiente y realizar ciertas funciones. Encontrará información detallada sobre cada una de las cookies bajo cada categoría de consentimiento a continuación.

Las cookies categorizadas como “Necesarias” se guardan en su navegador, ya que son esenciales para permitir las funcionalidades básicas del sitio web.... 

Siempre activas

Las cookies necesarias son cruciales para las funciones básicas del sitio web y el sitio web no funcionará de la forma prevista sin ellas.Estas cookies no almacenan ningún dato de identificación personal.

No hay cookies para mostrar.

Las cookies funcionales ayudan a realizar ciertas funcionalidades, como compartir el contenido del sitio web en plataformas de redes sociales, recopilar comentarios y otras características de terceros.

No hay cookies para mostrar.

Las cookies analíticas se utilizan para comprender cómo interactúan los visitantes con el sitio web. Estas cookies ayudan a proporcionar información sobre métricas el número de visitantes, el porcentaje de rebote, la fuente de tráfico, etc.

No hay cookies para mostrar.

Las cookies de rendimiento se utilizan para comprender y analizar los índices de rendimiento clave del sitio web, lo que ayuda a proporcionar una mejor experiencia de usuario para los visitantes.

No hay cookies para mostrar.

Las cookies publicitarias se utilizan para entregar a los visitantes anuncios personalizados basados ​​en las páginas que visitaron antes y analizar la efectividad de la campaña publicitaria.

No hay cookies para mostrar.

# Hashtag

Vicente Cemin, Xuvenil de Ponteareas: «Xogar en Galicia pode ser un bo paso para a miña carreira»

Tras un complicado comezo de liga, que lles colocaba no fondo da táboa xunto ao Rápido de Bouzas, o Xuvenil de Ponteareas encadeou dous vitorias consecutivas que lle permitiron escapar da zona perigosa da clasificación. O primeiro triunfo chegou en Redondela ante o Choco (1-2) e esta fin de semana conseguiron a primeira vitoria como local fronte ao Moaña (3-1), que chegaba en boa forma a Pardellas.

Nese partido destacou a actuación de Vicente Schneider Cemin, un atacante brasileiro de 21 anos que anotou dous goles decisivos. O xogador, con experiencia na Serie D do seu país, chegou na terceira xornada a Ponteareas e, desde a súa fichaxe, disputou todos os minutos posibles. En Futbolingalicia, Vicente Cemin concede a súa primeira entrevista a un medio galego para falar dos seus primeiros meses en Galicia.

Futbolingalicia: Este domingo marcaches os teus primeiros goles co Xuvenil de Ponteareas. Como te sentiches no partido?



Vicente Cemin «Estou moi contento por poder lograr os meus primeiros goles en Galicia. Cada día estou máis adaptado aos meus compañeiros de equipo».

FIG: Chegaches en verán ao club. Como foi a túa fichaxe?

VC: «Cheguei na terceira xornada ao Xuvenil de Ponteareas. O meu xogo gustoulle moito ao presidente e, a partir de aí, xa me fixeron ficha e xoguei con regularidade».



FIG: Xogaches catro partidos completos ata o momento. Que tal están a ir os primeiros meses no Xuvenil de Ponteareas?

VC: «Estou moi feliz. Cada día síntome mellor co club e co ambiente do vestiario, porque estou máis acostumado. No apartado futbolístico, penso que cada xornada que pasa estou mellorando e xogando ben».

FIG: Como te estás a adaptar a Galicia e ao club?



VC: «Estou sendo capaz de adaptarme rápido e ben. Todas as persoas que forman o Xuvenil de Ponteareas acolléronme moi ben, principalmente o presidente da entidade».

Vicente Cemin nun partido co Anápolis da Serie D | RRSS

FIG: ⁠Que che parece o nivel do fútbol galego?

VC: «Creo que hai un bo nivel e moi competitivo».

FIG: Que diferenzas hai co fútbol brasileiro?

VC: «Pois creo que a principal diferenza é que no fútbol brasileiro hai xogadores que son tecnicamente mellores».



FIG: ⁠Por que decidiches cambiar de aires e chegar a Galicia?

VC: «A verdade é que xurdiu a oportunidade de xogar aquí. Eu considerei con bos ollos a proposta e pensei que podería ser un bo paso para a miña carreira futbolística. E nada, hoxe estou no Xuvenil de Ponteareas».

FIG: ⁠Qué obxectivos tes nesta tempada?

VC: «Sempre procuro dar o máximo de min en todos os partidos que disputo para axudar ao equipo. Mais tamén teño obxectivos persoais e unha meta de goles para esta tempada. Aínda que prefiro non decila».

FIG: E cales son as metas do equipo?

VC: «Creo que o primeiro obxectivo do equipo ten que ser lograr a permanencia na Preferente, pero penso con certeza que existe a posibilidade de poder ascender á seguinte categoría».

FIG: Que é o que máis botas de menos de Brasil?

VC: «Especialmente á miña familia e aos meus amigos, que están moi lonxe».

Fotografía: Manuel Macanas

Vicente Cemin, Xuvenil de Ponteareas: «Xogar en Galicia pode ser un bo paso para a miña carreira»

O Gran Peña supera expectativas no arrinque

Vicente Cemin, Xuvenil de Ponteareas: «Xogar en Galicia pode ser un bo paso para a miña carreira»

O Orzán quere revalidar o título da

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *