# Hashtag
#Entrevistas #Primeira Galicia

Diego Ortega, Vea CF: «Agardamos ter o campo listo en agosto»

O Vea é un deses clubes aos que se lle colle cariño. Un conxunto que une a unha parroquia, con xogadores de calidade e comprometidos. Un campo de terra que aglutinaba en torno a súa cantina decenas de seareiros cada quince días e que pasará a ser de herba natural. Un proxecto máis que consolidado na Estrada e con sona por toda a comarca do Deza e a zona de Santiago.

No cadro estradense levan anos facendo as cousas moi ben. Tanto é así que, logo de varios intentos frustrados, a entidade presidida por Diego Ortega acadou o campionato de liga na Segunda Galicia e o ascenso directo á Primeira Autonómica. 27 de 34 partidos ganados e 98 goles a favor decantaron a clasificación a prol dun Vea que soña con seguir medrando.

Un dos homes detrás do éxito do Vea

Hoxe falamos co seu presidente para coñecer os segredos do éxito que se agocha detrás dunha parroquia de escasos 400 habitantes.



Futbolingalicia: Contabades co ascenso á Primeira Galicia?

Diego Ortega: Si que se pode dicir que contabamos, porque levamos varios anos quedando nos postos de arriba: hai tres anos xogamos fase, o ano pasado tivemos unha fermosa pelea cos compañeiros da Estrada e do Sporting… e este ano fixemos un equipo bon. Pero aínda así non pensas no ascenso, porque había equipos moi fortes: Cire, Vista, Cacheiras, Silleda… Afianzámonos nos primeiros postos e sacamos rendemento dos puntos para quedar campións.

Fig: Como se consolidou o proxecto do Vea?



DO: Cun adestrador moi capacitado, que coñecía moito aos xogadores e que trouxo a grandes futbolistas: Fabiano, Aldán, Fafú, Makelele, etc. Fixemos un equipo moi competitivo. Tamén foi importante o traballo de directiva, afección… Aquí temos uns seareiros moi esixentes e rendimos moi ben tamén por iso.

Fig: A captación de xogadores céntrase no concello da Estrada ou en Santiago?

DO: Vén case todo de fóra. Cando eu xoguei no club, o Vea tiña xuvenís e había moita xente nova de Vea. Pero agora hai poucos rapaces na zona: o ano pasado conseguimos fichar a un rapaz da Estrada, e temos algún máis, como os capitáns… Pero a captación de xogadores é difícil, cústanos moito competir co Sport Team Estrada, xogadores que xa se criaron xuntos na escola do Callobre e que queren xogar aí, tamén co Berres… e temos que traer xogadores de onde podemos.



Fig: A temporada 24/25 xa comezou cun cambio de adestrador.

DO: Si, Jose Antonio deixou o club e fichou polo Praíña. Asinamos a Diego Gálvez, e estamos loitando por conformar un cadro de xogadores de calidade. Hai xogadores que marcharán con Jose Antonio, aínda que non todos. Pero tamén levamos tres anos co campo en obras… picas na zona de Silleda, Lalín, Santiago tamén, pero é complicado. Agora en Primeira hai que adestrar tres días, o Vea non pode ofrecer moito co talonario… Apostaremos por rapaces que saltan a sénior, algunha fichaxe que trae Diego.

Fig: Xogará o Vea na Nogueira na 24/25?

DO: Si, agardo que si. Deixa de ser de terra. Agora mesmo xa ten os riegos, está pisado, hai iluminación… hai moito persoal traballando e semella que estamos nos últimos pasos. Falta o céspede e un baño para minusválidos, ademais dun pequeno almacén. Non sei se xogaremos os primeiros partidos de pretemporada alí, aínda que a data de entrega era o 16 de xullo… pero agardamos que en agosto estea o campo listo.

Fig: Cal será o obxectivo da vindeira temporada?



DO: A permanencia é un gran obxectivo. Será un éxito.

Fig: Sófrese moito como presidente?

DO: A nivel económico, por fortuna, o Vea está moi saneado. É certo que na Primeira teremos máis gastos: linieres, algún autobús… aínda que estamos pendentes do grupo no que competiremos. A nivel deportivo, a min gústame ver os partidos lonxe da aglomeración: póñome na banda contraria, xuntámonos 4-5 por alí. Este ano foi unha temporada moi boa, porque conseguimos os obxectivos, pero pásase mal. Agora xa tes que comezar con fichas, axudas, subvencións, campos… é estresante. Somos poucos e temos que asumir responsabilidades, temos moito chollo! Sen ir máis lonxe esta semana estiven falando con patrocinadores. Pero o Vea cumpriu 75 anos este curso e vai competir por primeira vez na Primeira, polo que tamén vén un ano ilusionante.

O campo do Vea deixará de ser de terra na 24/25.

Imaxe de Portada: LA VOZ DE GALICIA

Diego Ortega, Vea CF: «Agardamos ter o campo listo en agosto»

O histórico Xove Lago, en risco de

Diego Ortega, Vea CF: «Agardamos ter o campo listo en agosto»

Diario Dun Mercado Terceira RFEF. Episodio 7

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *