# Hashtag

Diario dun Mercado Preferente Norte. Episodio 1

A próxima tempada da Prefererente Norte xa comeza a debuxarse. Os equipos xa anunciaron os primeiros movementos, que chegan, sobre todo, en forma de renovacións. Tamén con cambios nos banquiños ou con fichaxes de nivel, como a de Enjamio, que asinou no Lalín tras brillar no Arosa.

O San Tirso, logo de completar unha magnífica campaña, anunciaron a continuidade de Álex Segade, David Lago, Xián Alvite e Denis López. Os de Fabio Rodríguez fixeron un ano redondo que culminaron gañando en Riazor a Copa da Coruña. O vindeiro ano agardan volver dar guerra na zona noble da Preferente Norte.

Pola súa banda, o Paiosaco perdeu a categoría na Terceira RFEF e xa afronta a vindeira tempada na Preferente Norte. Están confirmadas as renovacións de Beto Varela, Popi e Josiño. Dixeron adeus ao Peisaco William, que asinou no Bergan, Laye e Parafita.



Un dos conxuntos que máis se está a mover é o Lalín. Este luns anunciaron a incorporación do mediocentro Diego Enjamio, que chega procedente do Arosa. Nacido en Santiago en 1995, formouse na canteira do Real Club Deportivo e xogou no Bertamiráns, antes de fichar polo Arzúa. O ano pasado, finalizada a Terceira RFEF, xa rematara a tempada no Lalín.

Ademais, no club do Deza renovaron Chiño, Josema, Xocas, Santi Rodríguez, Brais Vila, Pablo Couto e Eloy. Á fronte do banquiño seguirá Toño González; o adestrador foi renovado hai unha semana.

Outro dos clubs que xa realizaron unha boa cantidade de anuncios na Preferente Norte é o Atlético Coruña Montañeros. Incorporou a Nuno Varela, que xa vestira no pasado a camisola morada. Continúan no equipo o porteiro Guille del Valle e os defensas Alonzo de Sousa, Mauro Lois, Izan Ponce e Samu Rey. Tamén os centrocampistas Rubén e Jonathan; e os dianteiros Hugo Mato, Lucas García, Poses e Massokhna.



Máis movementos na Preferente Norte

No caso do Miño, a principal novidade está no banquiño. Mario David Pérez dirixirá o equipo a vindeira tempada, procedente do cadete de División de Honra do Racing Club Ferrol. O que ata o momento era adestrador do Miño, Pedro López ‘Pery’, tomará as rendas do Galicia de Mugardos.

Polo sur de Lugo, o Club Lemos renovou o seu capitán, Dafonte, ao porteiro Pablo Losada e ao central Aissa e promocionou ao primeiro equipo a Luis Vila. Mentres, o Dubra anunciou polo momento a despedida de Dani Moto, quen contou a Futbolin Galicia a emoción do seu último partido coa camisola do club amarelo.

En canto aos equipos que logaron o ascenso, o Atlético Escairón, que disputa o domingo a final da Copa Deputación, está sen adestrador, xa que Iván González asinará no Melias. Levará con el ao goleador Rucho.



Outros clubs xa traballan na vindeira campaña. É o caso do Ribadeo, que acaba de anunciar un cambio na presidencia do club, que ostentará dende agora Valentín Coto.

Diario dun Mercado Preferente Norte. Episodio 1

O último servizo de Jorge Salgado, heroe

Diario dun Mercado Preferente Norte. Episodio 1

A ilusión copeira percorreu toda Galicia

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *