# Hashtag

Diario Dun Mercado Terceira RFEF. Episodio 8

O grupo galego de Terceira RFEF non descansa tampouco en xullo. Xa temos aquí outro diario dun mercado repleto de novidades. No Barbadás causa baixa Juanma Justo, mais renova Gabi. O conxunto dos Carrís ficha a Albertito, Konate e Carlos, que chegan da UD Ourense, do Club Deportivo Almoradí e do Rápido de Bouzas respectivamente. Na Sarriana continuarán unha tempada máis os centrocampistas Keko Vilariño e Brais Prieto.

Os atacantes vigueses Fran Monroy e Iker Villanueva deixan de pertencer ao Alondras. A Cangas do Morrazo chegan Lucas Camba, centrocampista que acabou a súa etapa xuvenil no Celta, Roi Tato, atacante que vén do Gran Peña, e Kopa, mediocampista que a última tempada militou no Rápido de Bouzas. Martín Blanco é o novo adestrador do Gran Peña. No pasado xa exerceu dita función no club, no que tamén foi xogador.

David García, que actúa no centro do campo, convértese en novo xogador do RC Villalbés. Xa estivo no club da Magdalena na tempada 2016-2017 e conta con máis dunha decena de campañas na Terceira. É a oitava fichaxe no que vai de mercado. Edgar Tourón acadou este curso o ascenso a Primeira Galicia co filial e agora promociona ao primeiro equipo, no que compartirá portaría con Santomé. O Estradense ficha a Miguel Fernández, que xa estivo no club na 22-23. Procede da Sarriana, na que foi peza clave para que o conxunto da Ribela chegase ao play-off de ascenso a Segunda RFEF. Mais non continúa na Estrada o dianteiro ourensán Migui.



Os ascendidos suman protagonismo no diario dun mercado

No Noia causan baixa Brian, que anotou 14 goles neste último curso e foi un xogador importante para conseguir o ascenso, Anxo Vidal, Sergio Carballeira e Carlos Lugo, que nesta tempada contou con poucos minutos por mor das malditas lesións. Iker Carril e Adri Maroñas renovan o seu compromiso co club. Chegan ao Julio Mato dous dianteiros. Javi, procedente do Compos xuvenil, e Marcelo, que vén do Sigüeiro, apuntalan o ataque do conxunto dirixido por Iván Carril. Para a parcela defensiva o técnico contará con dous novos reforzos: Izan, con experiencia na categoría no Arzúa, e Rubi, tamén procedente do Sigüeiro.

Dani Ferreiro abandona o Boiro por imposibilidade de compaxinar o fútbol cos estudos. O Municipal de Barraña poderá desfrutar de tres novos xogadores cos que o club chegou a un acordo para a súa incorporación: o lateral dereito Yoseban Montoto, procedente do Estradense, o centrocampista Iker Arango, chega dende o Pontevedra, e o atacante Alberto Romero, xogou os tres últimos cursos no Cidade de Ribeira.

No Vilalonga causan baixa Brian Blanco, Eloy Fariña e Álex Rey. Máis o club ficha a Iago Portas e Martín Pérez, centrocampistas procedentes do Ribadumia, ao dianteiro Iker Villanueva, chega dende o Alondras, e ao extremo Álvaro Rodríguez, que vén do Alertanavia.



Adeus do gran capitán e fichaxes de calidade na UD Ourense

O dianteiro arxentino ficha pola UD Ourense Twitter UD Ourense

Parrilla continuará na UD Ourense tras ser un piar fundamental na tempada pasada. O gran capitán Pablo Corzo deixa o equipo tras oito cursos vestindo a camisola vermella. Noel González, formado dende alevíns na canteira do Celta, reforza a parcela defensiva. Pode actuar tanto de central coma de lateral. O míster Borja Fernández terá a súa disposición ao dianteiro tanque Cellerino, que procede do Rápido de Bouzas e conta con pasado en equipos como Celta ou New York Cosmos. Tras o seu paso polo Polvorín, Anwar recala na UD Ourense. O extremo de Etiopía estivo 5 anos na Masía, onde coincidiou con xogadores da talla de Ansu Fati. Tamén pasou polos equipos sub-19 do Atalanta e do Verona. Raúl Gallego, tras unha tempada nos xuvenís do Compos, e o extremo Migui, tras tres campañas no Estradense, regresan e vivirán unha nova etapa no club.

O Somozas anunciou durante esta semana tres novas incorporacións. O atacante Pep Caballé chega ao Manuel Candocia dende o Compos. Sergio Otero, procedente do Silva, reforza o centro do campo e Manu Beceiro será outra alternativa para Stili na portaría.

O Polvorín terá varias caras novas para a tempada 24-25. Dende o Rápido de Bouzas chega o defensa Carlos Alonso, de 21 anos. José Sobrido, dianteiro, e Raúl Paz, centrocampista, cambian o Estradense polo filial albivermello. O defensa Manu Buide volve a súa casa tras unha etapa na canteira do Celta. Ademais renovan Julio Lansade e Jorge Maceira e causan baixa o mediocampista Hugo García e o atacante Anwar Mediero.



Fabio González renova nun Arteixo que se fai cos servizos de Fer Gordo, central sub-23 que realizou unha gran campaña no Paiosaco. O Arosa ten novo gardamallas. Álex Vila únese ao proxecto arlequinado tras militar os dous últimos cursos no Gran Peña.

Diario Dun Mercado Terceira RFEF. Episodio 8

Rapacollóns, a animada batucada que leva en

Diario Dun Mercado Terceira RFEF. Episodio 8

Paiosaco e Arzúa poñen en marcha a

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *