# Hashtag

Diario Dun Mercado Terceira RFEF. Episodio 7

Outro luns máis chega unha nova edición cargada de novidades. Comezamos polo Noia, que anunciou varias renovacións nesta última semana. Áxel Sánchez, Queiruga, Paco Allo, Marcos Pi e Julián amplían o vínculo co conxunto do Julio Mato. Causa baixa Cris e chegan dous gardametas. Chema, procedente do Arzúa, e Jorge, do Compos, serán os encargados de defender a portaría.

O Boiro e o Vilalonga seguen a confeccionar os seus proxectos no regreso a Terceira

O Boiro faise cos servizos do talentoso Dani Pedrosa. O polivalente atacante chega dende o Bergantiños, co que logrou o ascenso a Segunda RFEF. No Municipal de Barraña continuarán unha campaña máis Ángelo Liñares e Adri Pereira. No staff técnico despídese Roberto Serto, ata agora adestrador de porteiros.

No Vilalonga renova a columna vertebral do cadro de xogadores que conseguiu o ascenso: Rodri Iglesias, Marcos Blanco, Álex Barbeito, Cavani, Monchito, Aarón, Alejandro Diéguez, Rachu, César, Juan, Tomás Abelleira, Jesús e Diego Abal. Haberá por tanto continuidade no proxecto, contando con xogadores que senten as cores e teñen un gran apego ao club. Ademais o equipo é reforzado coa chegada de Diego Martín dende o Portonovo. Trátase dun extremo rápido e habilidoso no un para un.



Semana de pouca actividade no Villalbés, Estradense, Arteixo e Somozas

Vela renova o seu compromiso co Arteixo Instagram Arteixo

O lateral esquerdo David Buyo amplía o seu vínculo co RC Villalbés e cumprirá a súa oitava campaña xogando como local na Magdalena. Causa baixa Rares. No Estradense ficha o defensa central Ángel, que vén de realizar unha gran tempada no Sigüeiro, filial do Compos. Xa coñece a categoría tras pasar dúas campañas nas filas do Alondras. Vela e o capitán Ramos seguirán defendendo a camisola do Arteixo no curso 24-25. Soben dende os xuvenís o central Hugo e o centrocampista Teo.

Iker Fernández é novo xogador do Somozas. O centrocampista, natural de Ferrol, procede do Galicia de Murgados. A súa etapa de formación pasouna no Racing Club de Ferrol e no seu segundo curso como sénior chégalle a oportunidade de xogar na nosa Terceira. O club do Candocia anunciou a renovación de Javi Sanmartín, que cumprirá a súa terceira tempada no Somozas.

Moitas novas caras en Arosa e Silva

O Arosa dá a benvida a cinco novas incorporacións. Felipe Peredo, centrocampista cántabro, chega dende a SD Laredo. Mario García, que actúa como defensa, xogará no conxunto arlequinado tras desvincularse do Coruxo. José Rivera regresa ao club no que se formou e do que foi parte ata o último ano da etapa cadete. Procede do Gran Peña e a súa posición é a de dianteiro. Samu Santos chega tamén dende o Gran Peña para reforzar a parcela defensiva. Outro que regresa a A Lomba é Carlos Torrado, que xogou a última tempada no RC Villalbés cedido polo CD Lugo, co que contou con minutos co seu primeiro equipo.



O Silva anunciou esta semana ata seis altas para a vindeira tempada. Carlos García, procedente do Pontevedra, e Cristopher Pallas, que chega dende o Noia, serán os donos da portaría. O centro do campo terá tres novos inquilinos coas chegadas de Julián Nieto, Adrián Ogando e Murilo Scarpari; procedentes do Somozas, Celta xuvenil e Arzúa respectivamente. Dende as categorías inferiores do Racing Club Ferrol chega o dianteiro David López ‘Xuco’. Na Grela causan baixa Antón Garda, Sergio Otero e Adrián Ríos. Por outra parte, o defensa Antonio López renova tras gozar de máis de 2.500 minutos neste curso.

Renovacións e altas de renome en Ourense, Alondras, Polvorín, Viveiro e Sarriana

Jose Pérez e Varo continuarán nunha UD Ourense na que causa baixa o atacante Jesús Ares. No capítulo de altas aparecen Justino Barbosa, xogador de banda con gran talento e habilidade, e Osián, que regresa ao club. Fran López e Diego Diz únense ao cadro de xogadores do Alondras. Fran procede do filial do Pontevedra e reforza a parcela ofensiva. Diego, que actúa no centro do campo e vén do Rápido de Bouzas, regresa a Cangas do Morrazo, onde xogou na 2015/2016.

No Polvorín causa baixa o meta Brais Vázquez. Damián Noya renova e continuará defendendo as cores do filial do CD Lugo. Os albivermellos fichan a Víctor Casais, que vén do Pontevedra, e ao defensa Nacho Puente, que procede do Viveiro. Os da Mariña lucense recuperan a Lucas Fanego, que a última tempada xogou nos xuvenís do Celta. Ademais o atacante Adri Lombao seguirá en Cantarrana un curso máis. A Sarriana acorda a renovación do central Maxi Levrand. Para reforzar a parcela defensiva chega Miguel Raimúndez, que a última tempada militou na SD Juvenil Ponteareas.



Diario Dun Mercado Terceira RFEF. Episodio 7

Diego Ortega, Vea CF: «Agardamos ter o

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *