# Hashtag

Diario Dun Mercado Terceira RFEF. Episodio 6

Remata xuño, comeza xullo e as novas non cesan. Os equipos da nosa Terceira buscan ter un proxecto potente para competir nas mellores condicións nunha categoría que sempre é moi igualada. Neste diario dun mercado repasamos os movementos da última semana.

Gregor causa baixa no Boiro por obrigas laborais. Tampouco seguirán Top Sera, Juan García e Martín González. Chegan ao Municipal de Barraña dous xogadores sub-23; Dani Nieto, central procedente dos xuvenís do Arosa, e Yago García, atacante con pasado en Sigüeiro e Compos. Tamén conseguen a contratación de Martín Sánchez, central zurdo do Arosa, e de Álex Rey, centrocampista que vén do Villalonga e con pasado en clubs de fóra da comunidad coma o Tarazona ou o Unionistas. Renovan Mario Prol, Mario Regueiro, Mario Romero, Saro Seoane e Santi Taboada, que se está a recuperar dunha rotura de ligamento cruzado.

O Arteixo seguirá contando con pezas importantes como Hevia, Otero, Agullo, Iker, Iván e Pablo Naya. A Ponte dos Brozos chegan Dopico e Moure, ambos dende o Paiosaco. Fichan tamén o extremo Sito, procedente do Betanzos, o lateral Achore, que militou esta campaña no Atlético Coruña Montañeros, e o centrocampista José Ramón Sanmarful, que chega do Barbadás. No Noia renovan o extremo esquerdo Hugo, autor de cinco tantos nesta tempada, e Rivas, que actúa no centro do campo. Ambos son capitáns e serán, un curso máis, piares fundamentais para o técnico Iván Carril. No Villalonga continuará o adestrador Luciano tras un ano histórico no que conseguiu o ascenso, o campionato de liga e a Copa das Rías Baixas. Héctor e Nico seguirán portando a cor azul celeste no regreso a Terceira.



Moitas novas en Somozas e Silva

O Somozas chegou a un acordo de renovación co atacante Martín Rafael, que vivirá desta maneira a súa segunda tempada no Manuel Candocia. O mediocampista Luis Díaz abandona o club e recala nunha Sarriana na que será un xogador capital na medular. Mais volve á que xa foi a súa casa o talentoso mediapunta Álex Ares, que na campaña pasada xogou nas filas do Zamora. A portaría é reforzada coa fichaxe de Adrián Casillas, formado na base do Real Madrid e con pasado en Galicia, concretamente no Viveiro, na 22-23.

Joel Rocha chega ao Silva procedente do Alondras Twitter Silva SD

Álex Coba seguirá vestindo a camisola dun Silva no que recala o dianteiro Manu Sánchez, autor de sete goles este curso no Ribadumia. O centrocampista Joel Rocha e o defensa Marcos Rodríguez, procedentes de Alondras e As Pontes respectivamente, completan o capítulo de altas. Á xa sabida renovación de Iván Sánchez Lamas coma adestrador únese a do seu segundo Marcos Mato, que exercerá tamén de analista. A preparación física recaerá sobre Angelo Ivo Vázquez Dopazo, que chega dende o Victoria. O encargado da preparación dos gardametas será Carlos Cousillas, procedente da SD Coristanco. Abandonan a parcela técnica Brais Pombo, Jairo Fernández e Álvaro Santalucía.

Gabri Barroso deixa o Viveiro e recala no Vilalbés, onde coincidirá de novo co técnico Alberto López. Sen movernos da provincia de Lugo temos novidades na Sarriana. Ademais de facerse cos servicios de Luis Díaz, ficha a Santi Gegunde, que rematou este curso no Arosa. Adriano Sousa será o preparador físico dos da Ribela. Na capital lucense, Dani Galán continuará a ser o míster do Polvorín tras lograr a permanencia.



O porteiro Brais Pereiro e o centrocampista Noel Álvarez chegan ao Alondras dende o Rápido de Bouzas. Un dos xogadores máis determinantes da categoría regresa a Cangas. Yelco Alfaya chega dende a UD Ourense para vivir unha segunda etapa. Os do Morrazo renovan a Ube tras facer unha gran campaña na que gozou de 2070 minutos sobre o céspede.

Fichaxe de renome na UD Ourense e definido o staff técnico en Barbadás e Arosa

O gardamallas Álex Cobo e o defensa Puime amplían o seu vínculo coa UD Ourense. Por outra banda deixan o club Mesfin e Yelco. Dende o Bergantiños chega Álex Cabarcos, que reforza a banda dos do Couto. O Barbadás anunciou esta semana a composición do seu corpo técnico. Iván Gómez será o segundo de Juanjo Vilachá, ambos axudados por Iván Masid. Dani Carrera encargarase da parcela física e Moncho Salgado da análise dos equipos rivais. Roberto González exercerá de preparador dos gardametas. No cadro de xogadores seguirá Ribao, que cumprirá a súa terceira campaña no conxunto dos Carrís. Pablo Rubio convértese na quinta fichaxe. O coruñés aportará equilibrio na medular dos de Juanjo Vilachá.

As redes sociais do Arosa anunciaron dúas incorporacións, unha renovación e a figura dun novo delegado para completar o seu banco. Marcos Bermúdez, formado na canteira do Real Madrid, é o novo adestrador de porteiros. Marcos Dávila cumprirá unha terceira etapa como fisioterapeuta do club, mentres que Pedro Lago continuará como podólogo do primeiro equipo por décima tempada consecutiva. Mosto compaxinará a súa labor como adestrador da base coa función de delegado do equipo sénior.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *