# Hashtag
renovación pablo vidal boiro

Diario Dun Mercado Terceira RFEF. Episodio 5

Os encargados das redes sociais e páxinas web dos conxuntos do grupo galego de Terceira non dan abasto. E que son moitas as novas que van sucedendo cada semana e, evidentemente, esta última non podía ser unha excepción. Outro diario dun mercado que non defrauda!

O Boiro competirá en Terceira RFEF tras lograr o ascenso dende a Preferente. O proxecto xa vai collendo forma coas primeras novidades. Causan baixa o gardameta Mario Barreiro, tras non aceptar a oferta de renovación do club, Hugo Suárez, Diego Ramos, Sergio Ramos e Emilio Carril; este último por obrigas laborais. Mais chega, procedente do Silva, o porteiro Borja Rey para tapar o oco deixado pola non continuidade de Mario Barreiro. Pablo Vidal e Juanma, dous dos capitáns, renovan e seguirán xogando no Municipal da Barraña. Tamén amplían o vínculo David Noya e Juan. Outro dos equipos que salta a Terceira dende Preferente é o Noia, no que continuará o técnico Iván Carril. O club tamén anuncia que agora é o momento de traballar na configuración do cadro de xogadores.

Baixas sensibles nun Arteixo que renova ao adestrador e un Betanzos que se reforza

Óscar, Manu e Ramón abandonan Ponte dos Brozos e xogarán en Arosa, Compos e Betanzos. Desta forma o Arteixo perde a tres importantes membros de cara ao curso que se aveciña. O que permanece é o técnico Juan Riveiro, que dirixirá unha tempada mais dende o banco. Falamos agora do Betanzos. Iago López, como adiantou Futbolinlugo, chega procedente do Bergantiños. Ademais renova Vituco, unhas das grandes revelacións na Terceira esta campaña. David Carneiro volve ao club tras xogar a última tempada en Preferente co Miño.



Asier Santalla renova o seu vínculo cos do Manuel Candocia Twitter Somozas

Jacobo Vilariño vivirá a súa sexta campaña como membro do equipo da Ribela. O mediocentro é un habitual nas alineacións da Sarriana nestes últimos anos. Boedo tamén renova e seguirá aportando no ataque do conxunto dirixido por Jaime Paz. Cambiando de provincia, Asier Santalla subirá e baixará a banda no céspede do Candocia na 24-25 trala prolongación do seu vínculo co Somozas.

Ao Estradense e dende o Arosa chega, para vivir unha segunda etapa no club, Marcos Mella. De seguro pretenderá dar minutos de calidade no Novo Municipal. O extremo Manu Vilariño e Gamarra, un dos goleadores do curso, cambian Arzúa e Viveiro, respectivamente, pola Estrada. Dende o xuvenil da Escola de Fútbol Base de A Estrada promociona Hugo. Toda unha alegría para o pobo ver como xogadores de categorías inferiores acaban por ter oco no primeiro equipo.

O Arosa, o Barbadás e o Villalbés seguen a ser dos máis activos do diario dun mercado

No equipo arlequinado conseguiron a contratación de Romay, que actúa no centro de campo. O coruñés chega dende o Arenteiro, ademais de contar con pasado en equipos históricos da comunidade como o Pontevedra ou o Fabril. Luis Castro é outra incorporación. O lateral esquerdo volve ao club no que se formou tras xogar a última tempada co RC Villalbés. Chegou a desputar minutos no primeiro equipo do CD Lugo en Segunda División. Sergio Cotilla, un dos estandartes do Arosa, dá por rematada a súa etapa como futbolista. Álvaro Cano será o preparador físico neste curso, sumando desta maneira a súa cuarta tempada xunto ao novo míster do equipo Míchel Alonso. Iván Vázquez completa o corpo técnico. Ata o de agora adestrador na base, será o segundo técnico do primeiro equipo.



No Barbadás renova o gardamallas Borja Atanes, que cumprirá desta maneira catro cursos futbolísticos como integrante do conxunto dos Carrís. No capítulo das altas aparecen dúas perlas con gran futuro como Bruno Rielo, que acadou o ascenso a Primeira RFEF co Ourense CF, e Esteban, que termina a súa etapa como xuvenil no Compos. Tamén ficha Daniel Sánchez, con pasado en equipos de Portugal, Brasil ou Xapón. No noso país formou parte do Betis. Dende o Choco xuvenil chega Fer, aportando xuventude. Causa baixa o talentoso Osián.

Borja Fernández seguirá como adestrador da UD Ourense Instagram UD Ourense

O Villálbes, un dos grandes protagonistas nas primeiras semanas deste mercado, anunciou as baixas do mediocentro Diego Uzal e do atacante Álex Pérez. Por outra banda fixeron oficial a fichaxe do atacante Anthony e do central Martín da Lama, que esta campaña militaron no Betanzos. No staff técnico non seguirá Javi Valencia, ata agora preparador de porteiros dos chairegos. O central Cadra sube dende o filial, co que ascendeu a Primeira Rexional hai poucos días.

Renovación no banco da UD Ourense e de piares claves no Alondras

Borja Fernández seguirá a ser o inquilino do banco dunha UD Ourense que vén de realizar unha fantástica tempada con participación no play-off de ascenso incluída. O xogador de banda Santi de Prado causa baixa e recala no Compos. Albertito tampouco seguirá no conxunto ourensá. No capítulo de renovacións entra Luismi, dianteiro que é toda unha referencia no ataque.



No Alondras continúan pezas fundamentais para dar estabilidade ao proxecto deportivo. O dianteiro Manufre, o lateral dereito Diego Piña, o defensa Agujetas, o polivalente Abel Martínez, o lateral Guille e o atacante Pablo Goitia seguirán unha campaña máis por Cangas do Morrazo. Mais abandona o equipo o canteirán Rocha, por motivos académicos. Dúas novas caras súmanse á parcela defensiva: Mati Delicado, que disputou 2800 minutos este ano co Porriño en Preferente, e Xián González, lateral esquerdo que procede do Rápido de Bouzas.

No Silva renovan Julián, Bugy, Diego Lamas e Melo. Julián vivirá a súa segunda tempada no club tras ser parte en 27 partidos deste curso. O gardameta Bugy, natural de Ginebra, participou en 3 encontros na súa campaña de estrea no equipo. Outro xogador chegado no verán pasado e que seguirá no proxecto é o mediocentro Diego Lamas, sendo importante para o seu técnico tras gozar de máis de 2000 minutos sobre o verde. Melo será un dos membros do ataque dos da Grela. No capítulo de altas atopamos a do defensa Dani Leonardo, que acabou a súa etapa xuvenil no Racing de Ferrol quedándose moi preto do ascenso a División de Honra. Tamén conta cunha convocatoria no primeiro equipo racinguista en Primeira RFEF.

Diario Dun Mercado Terceira RFEF. Episodio 5

Manu Cerón, Cented: «Hai vertixe, é un

Diario Dun Mercado Terceira RFEF. Episodio 5

Diario dun Mercado Preferente Norte. Episodio 2

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *