# Hashtag
casablanca-pastoriza-marcan-rumbo-segunda-galicia

Casablanca e Pastoriza marcan o rumbo na Segunda Galicia

Catro partidos, catro vitorias. Así comezan a tempada os dous equipos que lideran a Segunda División Galega. No grupo 1, o SCD Pastoriza e polo segundo grupo o San Roque Casablanca.

Para entender o bo rumbo de ambos conxuntos falamos con algunhas das protagonistas destas historias. Silvia Rodríguez, capitá do Casablanca, e Uxía Vázquez, porteira e segunda capitá do Pastoriza.

O inicio soñado por calquera equipo

Non é como se comeza, pero ter un bo arranque de competición adoita dar un plus de confianza aos equipos. Ambos conxuntos mantiveron a un gran número de xogadoras con respecto ao ano pasado, conformándose así dous equipos moi consolidados.



Dende o Pastoriza recoñecen a complexidade do grupo e o esforzo que supón non errar en 4 encontros seguidos. Así e todo, non lles colleu por sorpresa este bo arranque: «podiamos facernos unha idea porque tivemos moi poucas baixas e outras incorporacións de calidade».

O San Roque Casablanca non quere deixar escapar ningún punto pero tampouco obsesionarse coa racha: «no momento que pisamos o campo a meta é clara, pelexar por acadar o partido con 3 puntos máis».

Golpe na mesa do Pastoriza no grupo 1

pastoriza-lider-segunda-galicia-feminino
As xogadoras do Pastoriza ao finalizar un encontro desta tempada. Cedida

«Nesta liga cada partido é unha final, todos os equipos buscan acadar o ascenso directo e nós non iamos ser menos», comenta a capitá do equipo coruñés. O Pastoriza leva unhas tempadas soñando co ascenso a Primeira pero sen éxito. Na pasada campaña quedaron segundas de grupo e caeron no playoff ante a SR Calo.



Uxía coméntanos que o seu obxectivo é xogar ao que saben e intentar que iso dea os seus froitos pero «non perdemos a esperanza de que este pode ser o noso ano». Sinalan ao Cee como un dos seus rivais directos polos postos de arriba, ou ao Dumbría que tamén recoñecen como un rival duro.

O Casablanca dá a sorpresa no grupo 2

casablanca-segunda-galicia
O Casablanca celebra cunha foto unha das catro vitorias. Cedida

O equipo vigués está rompendo as previsións na Segunda Galicia. Acabadas de ascender e coa mirada posta no máis alto da clasificación. «Manternos invictas sendo as ascendidas é unha ledicia pero tamén deixamos todo o noso esforzo para que iso sexa así», comenta Silvia.

Quixemos coñecer as ambicións deste equipo que, tras gañar a liga en terceira o ano pasado, semella non ter teito. A súa capitá quixo ser cauta pero aseguran non ter medo: «é cedo falar de ascenso pero o obxectivo sempre vai ser poder seguir subindo chanzos».



Un dos elementos chave deste equipo é Souto, o seu referente goleador. Con 10 tantos no que vai de liga sitúase como pichichi da categoría. Xa a pasada tempada o conxunto de Vigo foi o equipo con máis dianas de tódalas categorías galegas con 154 goles anotados.

Casablanca e Pastoriza marcan o rumbo na Segunda Galicia

Diego Iglesias, CJ Cambados: «Ver á xente

Casablanca e Pastoriza marcan o rumbo na Segunda Galicia

O San Tirso agarda polo Espanyol do

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *