# Hashtag
O Arosa celebra unha recente vitoria. AROSA SC

O Arosa colle o liderado na Terceira RFEF

A Terceira RFEF ten novo líder a falta de sete xornadas para o final do campionato. O Arosa consumou o sorpasso ao Compostela trala súa vitoria este domingo fronte ao Somozas na Lomba. Un solitario gol en propia porta serviulles aos de Gonzalo Fernández para levar a vitoria e aproveitar así o empate dos santiagueses en Noia (1-1).

O Compostela, que chegou a liderar con marxe, atravesa unha fase irregular, con só tres vitorias nos últimos dez encontros ligueiros. Pola contra, o conxunto arlequinado foi de menos a máis e consolidouse como o equipo máis fiable da categoría, cunha segunda volta practicamente impecable.

A permanencia

Na loita pola permanencia, a situación está apretada, aínda que con menos equipos implicados ca noutros anos. Barbadás e Noia, con 16 e 19 puntos respectivamente, son os pechacancelas. O Cambados ocupa actualmente a última praza de descenso directo con 22 puntos. Silva (24) e Viveiro (29) completan o conxunto de equipos da parte baixa da táboa.



Imaxe de portada: Arosa SC

O Arosa colle o liderado na Terceira RFEF

Ningún ascenso decidido: así está a pelexa

O Arosa colle o liderado na Terceira RFEF

O Arosa colle o liderado na Terceira