Os afeccionados da SD Villestro gardan grandes recordos do curso futbolístico 2014/2015. Unha tempada que queda para a historia do club da parroquia santiaguesa de Santa María de Villestro. Por que? Polo primeiro ascenso a Preferente na vida do club da Barrosa.
Mención especial para Jesús Conde, presidente naquela época e membro da directiva dende a fundación do clube alá polo ano 1983. Comezou como tesorero, foi presidente durante cinco anos, despois vogal e de novo presidente. Unha persoa das que fan aos equipos e sen as cales non existiría o noso fútbol!
O técnico Manolo Moscoso lideraba ao equipo coa axuda do delegado Santiago García. O cadro de xogadores estaba formado polos seguintes futbolistas: Martín García, José Alfonso, Sebastián Álvarez, Bruno Prevettoni, Martín González, Adrián Cabado, Agustín Prevettoni, Guillermo Moscoso, Dani Santos, Jose Manuel Miguens, Emilio Carril, José Conde, Álvaro Magariños, Roberto Villaverde, César García, Andrés Díaz, Gonzalo Baleato, Iago Pérez, Manu García, Martín González, Pablo Rodríguez, Marcos Conde, Óscar Rodríguez e Santi Crego.
Sesenta e oito puntos, vinte vitorias, oito empates, seis derrotas, cincuenta e oito goles a favor e trinta e catro en contra son as estadísticas da SD Villestro na fase regular do grupo 2 da Primeira Rexional Autonómica 2014/2015. Santi Crego (11), Agustín Prevettoni (9) e Roberto Villaverde (8) foron os tres máximos goleadores do equipo dirixido por Manolo Moscoso.
O ascenso chegou na última xornada e na casa do principal perseguidor
Unha última xornada de infarto decidiu o ascenso directo, levándose o premio a SD Villestro. E é que o equipo da Barrosa xogábase todo o último día da competición ante o segundo clasificado e na casa deste, o Puebla CF. O partido rematou con empate (1-1), rematando a SD Villestro primeiro con unicamente dous puntos de diferenza (68 contra 66 puntos). Un día que aínda perdura na memoria da afección despois de xa case once anos!
FOTO PORTADA: CARMELA QUEIJEIRO




























































































































































































































































































































































































































































































































































































































