# Hashtag
#Fútbol Feminino #Primeira Galicia Feminina #Segunda Galicia Feminina #Terceira Galicia Feminina

As Copas avanzan cara á Semana Santa coas semifinais definidas

As competicións copeiras aproveitaron o festivo do 19 de marzo para seguir avanzando e reducir o número de equipos que loitarán polas fases finais. As semifinais -ou, no caso de Pontevedra, os cuartos- disputaranse na Semana Santa.

A Copa Ferrol quedará en Narón

O club gañador nos dous últimos anos, O Val, aspira a sumar a súa terceira Copa, aínda que desta vez co seu segundo equipo, que se medirá ao Club Deportivo Narón nunha final prevista para o vindeiro 23 de maio.

O trofeo ferrolán é o máis avanzado, xa que é o único do que xa se coñecen os finalistas. Os equipos do norte da provincia coruñesa aproveitaron o parón ligueiro para disputar as semifinais o pasado domingo 15 de marzo.



O Val B venceu ao Perlio por 3-2. Na liga, as de Fene aventaxan en catro puntos —e cun partido menos— ás de Narón, e o duelo entre ambos conxuntos caeu do lado do Perlio por 2-1. Nesta ocasión, con todo, a balanza inclinouse a favor do conxunto de Narón, que buscará a súa primeira Copa, aínda que podería ser a terceira para o club, que conta con pleno de vitorias co primeiro equipo, gañador tamén o pasado ano ante o Perlio.

O CD Narón, líder do grupo 1 da Terceira Galicia, no seu regreso ao fútbol galego tras varios anos sen equipo e cun proxecto renovado, disputará a súa primeira final copeira tras vencer por 4-1 ao Discalzas.

El CD Narón celebra su pase a la final. RRSS CD Narón fem

Un cuartos de final axustados na Copa da Costa

As semifinais costeiras quedan: Corme-Xallas e Cee-Muxía.



Os cuartos comezaron na tarde-noite do mércores co partido que enfrontou ao Corme e ao Cabana, onde se impuxeron as cormelás, que compiten unha categoría por enriba, na Segunda. Gañaron por 1-6, deixando ás cabanesas sen opcións de vivir a súa primeira semifinal.

Volverase repetir así a eliminatoria de hai dous anos, cando o Xallas eliminou ao Corme para chegar á final e conquistar a súa primeira Copa tras vencer ao Dumbría. Precisamente, as de Santa Comba tiveron que superar este ano ao Dumbría en cuartos para meterse en semifinais. A pesar da diferenza de categoría —Primeira para o Xallas e Segunda para o Dumbría—, o partido rematou en empate (0-0), polo que tiveron que recorrer aos penaltis (3-4) para facerse coa vitoria.

Pola súa banda, a Esteirana intentou dar a sorpresa e apretou nun partido que finalmente levou o Muxía. As locais marcharon ao descanso cun claro 7-0 ao seu favor, pero na segunda metade as de Esteiro sacaron garra e en media hora conseguiron poñer o 7-6, devolvendo á Arliña esa emoción que caracteriza as Copas. Finalmente, as muxiás anotaron o oitavo para pechar o partido (8-6) e achegarse un pouco máis a vivir a súa segunda final consecutiva.



Para conseguilo, antes terán que medirse ao Cee, que tamén busca chegar á súa segunda final de Copa tras ser subcampión en 2023. As ceenses conseguiron o pase ás semifinais tras vencer por 1-3 ás súas veciñas de Corcubión, que xogan en Terceira Galicia.

No que respecta a este enfrontamento, na liga a distancia entre Cee e Muxía é de 25 puntos, pero os derbis, e máis se son copeiros, non entenden de distancias.

El Xallas venció al Dumbría en penaltis. RRSS Xallas Fem

O Victoria CF B e o Sporting Cambre atoparánse de novo

Na Coruña mediranse: Victoria CF B-Sporting Cambre e Atlético San Pedro-Unión Campestre. Todos de Primeira Galicia, agás o Unión Campestre.

O filial do Victoria cruzarase por cuarto ano consecutivo co Sporting Cambre en semifinais. En todas as edicións nas que se enfrontaron, as cebras saíron vencedoras, sumando xa dúas Copas e loitando agora por conseguir o triplete.

As líderes da Primeira Galicia, o Victoria CF B, venceron ao Sporting Burgo, que ocupa postos de descenso na mesma competición. A pesar de que foron as do Burgo as que se adiantaron no segundo tempo, as do Victoria conseguiron remontar para pechar o partido 1-4.



As de Cambre impuxéronse ao Carral por 3-0, nun duelo entre equipos da mesma categoría. Mesmo resultado nas Eiroas, onde o Atlético San Pedro non lle deixou opcións ao Bergantiños B cos tres goles de Joana Montouto.

Agora enfrontaranse ao único equipo dunha categoría inferior, o Unión Campestre, que venceu ao Pastoriza, subcampión na edición pasada, por 3-1.



As campionas das dúas últimas edicións, o Victoria CF B intentará vivir outra final. RRSS Victoria CF

Calo, Xuventú Aguiño, Touro e Noia, en semifinales

Os equipos semifinalistas da zona de Santiago sairán de: Calo-Xuventú Aguiño e Touro-Noia.

O club campión das últimas dúas Copas, o Boiro, non estará este ano na final. O seu filial perdeu ante o Calo por 1-5. As de Teo, que na última edición caeran ante o primeiro equipo, fixeron notar as dúas ligas que as separan para selar o pase á súa cuarta semifinal, onde se atoparán co Xuventú Aguiño.

As ribeirenses conseguiron o pase a semifinais grazas a un gol en propia meta do Milladoiro no minuto 90, que puxo o 2-3 no marcador. O empate chegara no 81 por parte das do Xuventú Aguiño.

Pola súa banda, o Touro, subcampión das últimas dúas edicións, impúxose ao Tordoia nos penaltis por 3-5 tras un partido sen goles no tempo regulamentario. Foi un duelo moi igualado entre dous equipos que están en postos de promoción —o Touro— e de ascenso directo —o Tordoia— á Primeira Galicia, cada un no seu grupo.

Volverase vivir a mesma semifinal que o ano pasado, e para chegar á final o Touro terá que volver superar ao Noia, que venceu ao Rois por 1-4.

O Touro semifinalista da Copa Sar tras vencer ao Tordoia en penaltis. RRSS Touro

Sin sorpresas na Copa Deputación de Lugo

A Milagrosa enfrontarase ao San Lázaro e o Antas ao Friol B. Nas últimas tres edicións copeiras estiveron presentes sempre tres destes catro equipos, polo que históricamente o título estivo entre estes clubs, agás nos dous anos nos que o gañou o Lugo.

A Milagrosa continúa coa súa boa xeira ligueira. Nesta segunda volta só perdeu ante os rivais que ten por enriba na clasificación (Tordoia, Muxía, Bergantiños B), e trasládaa á Copa, onde superou ao Carballedo, da Terceira Galicia, por 1-4.

Vérase as caras co outro equipo lucense co que comparte categoría, o San Lázaro, que venceu ao Chantada por 0-3. Na liga sepáranos 12 puntos, e o derbi caeu do lado da Milagrosa grazas a un gol nos últimos cinco minutos. Haberá que esperar para ver que pasa na Copa.

O Friol B venceu ao San Roque por 1-2 o pasado domingo, aproveitando o parón ligueiro. Volverán atoparse esta fin de semana en liga, pero o pase a semifinais foi nesta ocasión para as de Friol.

Tocaralles enfrontarse ao Antas, que se impuxo ao Monforte por 0-7, deixando clara a diferenza de categoría entre ambos conxuntos.

Cuartos definidos en la Copa Deputación de Pontevedra

A competición da provincia de Pontevedra é a máis atrasada, xa que esta semana aínda se disputaron os oitavos. Os cruces de cuartos quedan: Atlético Villalonga B-Teis, Cabral-Valladares, Sárdoma B-Valladares e Mos-Lóstrego B.

O Villalonga B venceu ao Louro Tameiga por 0-3, mesmo resultado co que o Teis superou ao Chispa. O Cabral impúxose ao Caldas por 2-4, mentres que o Valladares goleou ao Monteporreiro por 0-10. O Sárdoma venceu por 2-6 ao Salcedo e o Mos por 3-7 ao Balaídos.

Máis axustados foron o Racing Vilariño-Porriño Industrial (1-2) e o Arousana-Lóstrego B (0-2).

En dúas semanas, na Semana Santa continuará a Copa e xa se coñecerán o finalista na maioría das categorías.

As Copas avanzan cara á Semana Santa coas semifinais definidas

Os Vintage: Cultural Areas 2016/2017

As Copas avanzan cara á Semana Santa coas semifinais definidas

As Copas avanzan cara á Semana Santa