A tempada 2025-26 do fútbol feminino galego está deixando grandes rexistros anotadores en varias categorías, pero hai un nome que destaca por enriba de todos: Tania Núñez, dianteira da S.D. Chispa, que lidera a clasificación de goleadoras de todas as ligas galegas.
A atacante do conxunto de Vilanova de Arousa suma xa 38 goles en 14 partidos na Terceira División Galega, grupo 5, unha cifra que a sitúa como a futbolista máis realizadora entre todas as categorías autonómicas no que levamos de tempada.
O seu ritmo goleador, cunha media superior aos dous tantos por encontro, está sendo clave no rendemento ofensivo do Chispa, un equipo que se mantén na zona alta da clasificación do grupo e que conta nunha das referencias máis determinantes do campionato.
Unha tempada de grandes rexistros goleadores
Aínda que varias futbolistas destacan nas súas respectivas ligas, ningunha alcanza por agora as cifras de Tania Núñez. Na propia Terceira Galega, outras goleadoras como Alba Montes (Caldas CF) tamén superan a trintena de goles, mentres que noutras categorías aparecen nomes como Andrea Calvo (Cented Academy) ou Claudia Cumbrao (O Val B) entre as máximas anotadoras.

Tamén na Segunda Galega e na Primeira Galega hai xogadoras que lideran as súas competicións con cifras importantes, pero de momento ningunha supera o rexistro da dianteira do Chispa.












































































































































































































































































































































































































































































































































































































