# Hashtag

Os Vintage: Boimorto CF 2016/2017

Nesta nova entrega dos Vintage continuamos repasando tempadas históricas de equipos galegos nas nosas competicións. Hoxe toca falar do Boimorto CF da campaña 2016/2017. Imos alá!

Os 77 puntos logrados tras a disputa dos 34 partidos no grupo 1 da Primeira Rexional 2016/2017 serviron para que o Boimorto CF lograse o campionato de liga máis o ascenso a Preferente Norte.

A gran efectividade na faceta ofensiva, con 83 tantos a favor, foi un dos piares sobre os que se sustentou a gran tempada do Boimorto. Andrés Pardo Barros, con 15 dianas, e Óscar Carro Pérez, con 14, levaron o peso ofensivo do equipo.



Tres vitorias nos tres primeiros partidos facían aumentar a ilusión na afección. Mais a continuación chegaron dúas derrotas consecutivas a domicilio, ante Atlético Coruña Montañeros e o Val. Un contundente 4-1 ante a SD Brexo Lama fixo que a confianza volvese a sobrevoar o día a día, vitoria corroborada con catro triunfos consecutivos que situaban ao Boimorto con 24 puntos dos 30 disputados ata o momento. Estaban chamados a loitar polos postos nobres da táboa.

O Queixas sorprendeu na xornada 11 vencendo ao Boimorto por 3-1. Dende ese momento, mediados de novembro, e ata o 5 de marzo, o Boimorto soamente perdeu un partido, ante o Club de Mar de Caión (3-0). Unha xeira impresionante que asentou ao equipo no alto da clasificación, comandándoa con man de ferro.

As derradeiras dez xornadas da fase regular non foron tan doadas. Ata 13 dos 30 puntos en xogo voaron. Mais a distancia conseguida no tramo anterior da tempada foi suficiente para conseguir o título do grupo 1 da Primeira Rexional e, por conseguinte, o salto de categoría a Preferente. Tempada redonda para o Boimorto, sustentada nunha gran regularidade, especialmente no tramo medio da competición.



Os Vintage: Boimorto CF 2016/2017

Continúa o baile dos Diferenciais (P. II)

Os Vintage: Boimorto CF 2016/2017

Os Vintage: Boimorto CF 2016/2017