# Hashtag

Os Vintage: Atlético Coruña Montañeros 2017/2018

Nesta nova entrega dos Vintage repasamos a tempada 2017/2018 do Atlético Coruña Montañeros, que rematou coa consecución do ascenso a Preferente Norte.

O gran nivel defensivo amosado durante as 34 xornadas de competición (29 goles encaixados) foi determinante para obter a primeira posición do grupo 1 da Primeira Rexional 2017/2018. No plano ofensivo destacou a aportación anotadora de Álvaro García Vázquez, con 15 goles na fase regular da competición liguera.

Abraham Santos, Lestón, Charly, Chote, Hugo, José Manuel, Mespo, Edu, Élmer, Fran, Kuman, Jairo, Kevin, Miguel Escarda, Manu Santiso, Numa, Nino Pinto, Óscar Martínez, Rober, Toscanini, Álvaro, Álex García, Dani Coiros e Javi Suso conformaban o cadro de xogadores que lograron o campionato do grupo 1 da Primeira Rexional e o ascenso a Preferente Norte.



Cabe destacar que na citada campaña mudou a denominación do equipo á actual: Atlético Coruña Montañeros. E foi unha tempada histórica e rematada cun fito: un ascenso a unha categoría máis acorde á lenda dun club con moita historia.



Os Vintage: Atlético Coruña Montañeros 2017/2018

Catro vitorias consecutivas do CD Barco para