# Hashtag
maside

A resurrección como local do Maside

O Maside é outro dende que volveu á casa. O equipo, que milita no grupo 4 da Primera Futgal, viviu un antes e un despois co regreso ao campo do Outeiro Grande, onde se instalou céspede artificial, novos vestiarios e unha iluminación tamén renovada grazas a un investimento de 250.000 euros.

Durante os meses que duraron as obras, o conxunto de Maisde viuse obrigado a buscar un escenario alternativo para exercer como local. O elixido foi A Lamela, en Salamonde, un campo que fixo as veces de fogar provisional pero no que os resultados non acompañaron. O equipo ocupaba a última posición da táboa e só foi quen de gañar un partido nas primeiras 15 xornadas de competición, unha situación que comezaba a preocupar tanto no vestiario como na bancada.

Malia que regresaron con derrota ao Outeiro Grande, a reacción comezou a albiscarse na xornada 16, cun triunfo a domicilio que serviu para cambiar a dinámica e reforzar a moral do grupo. A seguinte fin, de novo Outeiro Grande, deu comezo a transformación.



Cinco vitorias seguidas

Dende entón, o Maside converteu o seu campo nun auténtico fortín. Superou de maneira consecutiva ao Antela B, ao Maceda, ao Verín, ao Muiños e ao Francelos. Foron varias semanas seguidas xogando como local, algo que sen dúbida supón un plus competitivo, pero o dato é incontestable: cinco vitorias consecutivas na casa que mudaron por completo o panorama clasificatorio.

Especial relevancia tivo o triunfo fronte ao Verín, líder da categoría nese momento. Jose Otero apareceu nos últimos minutos para anotar o gol decisivo que desatou a ledicia na bancada. A súa actuación valeulle, ademais, o recoñecemento como xogador Diferencial da xornada tras os votos dos lectores de FutbolinGalicia.

O Maside renaceu ao calor do seu público e do seu renovado feudo. Pasou de ser último clasificado a estar fóra do descenso. O que parecía unha tempada condenada ao sufrimento converteuse nun exercicio de resistencia e fe. En Outeiro Grande volve haber vida, e o equipo demostrou que, ás veces, regresar á casa é o primeiro paso para volver crer.





A resurrección como local do Maside

O filial do Victoria CF cabalga na

A resurrección como local do Maside

A resurrección como local do Maside