En FutbolinGalicia non nos olvidamos dos xogadores, adestradores, afeccionados, directivos, árbitros e equipos do noso fútbol, é dicir, de todos aqueles que día a día aportaron o seu gran de area para que o fútbol galego sexa do mellor do fútbol español. O protagonista desta nova entrega de Os Vintage é o CD Velle da tempada 2017/2018.
O 22 de abril do 2018 o CD Velle conseguía o ascenso a Preferente tras gañar por 1-3 ao Atlético Pontedeva no campo de Outeiro. O dobrete de Martín Caneiro e o tanto de Adrián Blanco certificaron o salto de categoría para un CD Velle que remataría a tempada como campión do grupo 4 da Primeira Galicia. Os 91 goles anotados en 34 xornadas dan mostra do poder ofensivo do conxunto da Aira, que tamén destacou na faceta defensiva ao encaixar unicamente 31 tantos.
David Viana, Marcio Goncalves, Carlos Rodríguez, Pablo Gómez, Carlos Figueiredo, Gabriel Losada, Hugo Quintana, Marcos Otero, Mario Seara, Miguel Obaya, Fernando Pedrido, Senén Vázquez, Roberto Fernández, Luis Moure, Adrián Viana, Adrián Blanco, Martín Caneiro, Efrén Valcárcel, Fabio Losada, Felipe Chaudarcas, David Gil, Hugo Carid, Yago González, Martín Rodríguez, Diego Álvarez, Aarón Sánchez, Benito Pérez, Gabriel Conde, Sergio Rodríguez e David Lin conformaban o cadro de xogadores que conseguiron o ascenso. O corpo técnico estaba composto por David Rivo, Jorge Regal e Miguel Outeiriño.
O CD Velle na actualidade
Na actual tempada o CD Velle compite no grupo 4 da Primeira Futgal. Tras dezanove partidos disputados, o conxunto dirixido por Anxo Valcárcel atópase quinto na clasificación, cun partido menos e a unicamente tres puntos do Sporting Carballiño, que ocupa posición de promoción. Haberá ascenso de novo? O céspede dictará sentencia!















































































































































































































































































































































































































































































































































































