# Hashtag

Dani Real, CD Córgomo: «Notas máis o cariño da xente cando xogas preto de casa»

O Córgomo Vilamartín pechou a primeira volta cunha contundente vitoria por 1-5 fronte ao Allariz, nun partido no que o equipo soubo sufrir nos primeiros minutos e foi claramente superior tras o descanso. Os de Vilamartín manteñen a segunda posición da táboa e continúan na pelexa polo ascenso.

Un dos grandes protagonistas foi o capitán Dani Real, que atravesa o mellor momento da súa carreira tanto en cifras como en sensacións. Con 13 goles en liga, o xogador analiza o gran momento colectivo do equipo, a loita co Verín e os obxectivos dun Córgomo que non renuncia a nada.

Futbolingalicia: O Córgomo Vilamartín protagonizou a gran goleada da xornada ao derrotar por 1-5 ao Allariz. Que valoración fas do partido?



Dani Real: «Foi unha primeira parte complicada, na que empezamos perdendo, con poucos espazos. Aínda así, conseguimos empatar e, na segunda parte, xa con máis espazos, puidemos resolver o partido».

FIG: Tras a vitoria, o equipo segue segundo a oito puntos do Verín. Cales son as sensacións do conxunto ao remate da primeira volta?

DR: «As sensacións son boas. Rematamos moi ben o ano. Tivemos algún bache durante a tempada, pero soubemos repoñernos».



FIG: Xunto ao Sporting Carballiño sodes os perseguidores máis inmediatos do Verín. Como ves a loita polo ascenso directo?

DR: «Sabemos que vai ser complicado porque, ao final, non dependemos unicamente de nós mesmos, pero imos intentar seguir sumando de tres en tres e agardar pola oportunidade».

FIG: Cal é o obxectivo do Córgomo?



DR: «Loitar polo ascenso a Preferente».

FIG: No apartado persoal levas 16 goles en todas as competicións e 13 en liga. Esperabas este rendemento?

DR: «O ano pasado xa rematei con 10 goles xogando algo máis atrasado, pero hai que seguir traballando para que sigan saíndo as cousas e continuar axudando ao equipo».

FIG: A nivel de cifras esta xa é a túa mellor tempada. Tamén o é en sensacións?

DR: «Si, a verdade é que me atopo ben fisicamente e moi a gusto dentro do campo».



FIG: Esta é a túa cuarta tempada no club, co que lograches o ascenso desde Segunda Galicia. Como está a ser o teu paso polo Córgomo?

DR: «Está sendo unha gran experiencia, xa que nunca xogara tan preto da casa e, ao final, nótase máis o cariño da xente, porque te coñecen. Ademais, con moita xente coa que comparto vestiario xa tiña boa relación de antes».



FIG: Recibiches ofertas no verán de categorías superiores?

DR: «Este ano, a verdade é que non. Outros anos si».

FIG: Como sénior acumulas dous cursos en Preferente co Laracha e medio co Lemos. Que sacaches deses anos?

DR: «Sobre todo experiencia, xa que xusto acabara a miña etapa de xuvenil e o fútbol sénior é totalmente diferente». 

FIG: Na base formácheste no Calasancio e no Lugo. Como recordas eses anos?

DR: «Foron tamén experiencias moi boas: coñeces a moita xente, compites contra grandes equipos e, ao final, no Lugo sínteste case como un profesional e vívese o fútbol doutra maneira».

Dani Real, CD Córgomo: «Notas máis o cariño da xente cando xogas preto de casa»

O grupo 5 ten ás máximas goleadoras

Dani Real, CD Córgomo: «Notas máis o cariño da xente cando xogas preto de casa»

Galicia, a por unha praza na fase