En FutbolinGalicia non nos olvidamos dos xogadores, adestradores, afeccionados, directivos, árbitros e demais membros do noso fútbol, é dicir, de todos aqueles que día a día aportaron o seu gran de area para que o fútbol galego sea do mellor do fútbol español. O protagonista desta nova entrega de Os Vintage é o Club Lemos da tempada 2014/2015.
O Club Lemos alzouse co título e logrou o ascenso
Ao remate da competición no grupo 3 da Primeira Autonómica ,o primeiro posto foi ocupado polo Club Lemos. Os da Pinguela conseguiron 76 puntos, que lle serviron para alzarse como campións e lograr o ascenso a Preferente Norte. Foi o segundo equipo que máis anotou (superado soamente pola Milagrosa), o que menos encaixou e o que mellor diferencia de goles tivo. A bagaxe final foi de 23 vitorias, 7 empates e 4 derrotas. Unha tempada chea de regularidade que rematou co premio gordo do salto de categoría.
Héctor Hugo Rigueira Folgueira foi o máximo goleador do Club Lemos e tamén do grupo 3 da Primeira Autonómica neste fantástico curso 2014/2015 dos da Pinguela. Ousman Jarju, con 11 goles en 15 partidos, e Rubén García, con 9 en 31 encontros, tamén foron importantes na faceta ofensiva do equipo dirixido por Martín Murado.
O cadro de xogadores e o corpo técnico responsables do ascenso do Club Lemos no curso 2014/2015
Arturo Vila, Marcos Macía, Jesús Melendo, Youssef Alami, Álvaro Cardero, Anthony Dervin, Rubén Moure, Gabriel Vizcaíno, Adrián González, Rubén García, Miguel Salgado, Jesús Murado, Víctor Fernández, José Donado, Diego Núñez, Fran Pastor, Héctor Hugo Rigueira, Martín Piñeiro, Cristian Presas, Adrián Rodríguez, Adrián Armesto, Borja Rodríguez, Diego Arias, Ousman Jarju, Javi Coba, Héctor López, Luis Pedro, Rubén Moscoso, Emilio Rodríguez, Jacobo Estévez e Sillah Foday conformaban o cadro de xogadores. O corpo técnico estaba composto polo técnico Martín Murado, o seu axudante Juan Diéguez e o delegado José Pérez.
A actualidade do Club Lemos
A actual tempada está a ser moi boa e ilusionante para o Club Lemos. Atópanse en postos de promoción de ascenso a Terceira RFEF. Son terceiros no grupo 2 da Preferente Futgal e contan cun seguro de cara a gol: Rodolfo Periale. O dianteiro leva anotados 17 goles en outros tantos partidos.
Foto portada: La Voz de Galicia






































































































































































































































































































































































































































































































































































