# Hashtag

Continúa o invicto da SD Compostela ao remate da primeira volta

A Terceira RFEF galega chegou este domingo ao seu ecuador co remate da primeira volta da competición. A SD Compostela reafirmou o seu liderado remontando na casa un partido que se lle complicou diante dun bo Viveiro (3-1). Mantén deste xeito o seu impresionante invicto e xa alcanza os 41 puntos, con 12 vitorias e cinco empates.

Pola súa parte, o Rácing Villalbés segue segundo con 31 puntos logo de empatar nos últimos minutos fronte ao Lugo B (1-1). O Somozas igualouno na clasificación tras vencer con autoridade ao Boiro (0-3). O play off complétano o Arosa, que se impuxo ao Céltiga nun vibrante derbi (3-4), e o propio Boiro, pese á derrota, con 28 puntos.

Na zona media da táboa reina a igualdade. O Lugo B, con 27 puntos, continúa á espreita dos postos de promoción, mentres que o Céltiga queda con 26 tras caer na casa. O Montañeros sumou un punto no seu empate sen goles ante o Cambados, o Alondras superou ao Barbadás (2-0) e Estradense e Barco repartíronse os puntos (1-1). A goleada da xornada firmouna o Gran Peña ao superar con claridade ao Noia (5-0), o que lle permite situarse con 22 puntos, os mesmos que o Estradense.



Así está o descenso

Na parte baixa da clasificación, a situación comeza a complicarse para algúns equipos. O Barbadás e o Silva, ambos con 12 puntos, ocupan postos de descenso xunto ao Noia, que queda con 13 trala súa dura derrota en Vigo. O Barco, con 14 puntos, logra pechar a primeira volta fóra da zona vermella.

Os máximos goleadores

No plano individual, Aday Alcalde (Lugo B) e Jorge Maceda (SD Compostela) lideran a táboa de goleadores con 10 tantos.

Imaxe de portada: Viveiro CF vía Facebook



Continúa o invicto da SD Compostela ao remate da primeira volta

Comeza a segunda volta para os Diferenciais