# Hashtag

O novo ano trae aires de cambio ao Atlético Villalonga

O Atlético Villalonga inicia 2026 nun contexto complexo, pero coa intención clara de reconducir unha tempada que se lle está a facer costa arriba na Segunda Federación feminina. As de Sanxenxo pecharon a primeira volta como pechacancelas do grupo, con 5 puntos en 13 xornadas, pero co convencemento de que aínda hai marxe para competir e salvar a categoría.

Unha situación delicada na táboa

Os números falan por si sós. O Villalonga ocupa a última posición, cun balance dunha soa vitoria —ante o Bizkerre—, dous empates e dez derrotas. Con 7 goles a favor e 27 en contra, o equipo está a sufrir especialmente no apartado ofensivo, nunha categoría moi esixente e con rivais de gran entidade.

A clasificación non deixa lugar a dúbidas: o Villalonga necesita reaccionar canto antes se quere ter opcións de loitar pola permanencia.



Fran Doval, ao mando do novo rumbo

Fran ven a dar o relevo a Romina no que resta de tempada. RRSS Atlético Villalonga

Co comezo do ano chega tamén un cambio no banco. O club decidiu apostar por Fran Doval como novo adestrador, nun movemento que busca achegar novas ideas, serenidade e un impulso competitivo a un vestiario que non deixou de loitar malia as dificultades.

A chegada de Doval responde á necesidade de reordenar o equipo, recuperar confianza e construír un bloque máis sólido de cara á segunda volta. O reto non é pequeno, pero no Villalonga confían en que o cambio sirva para virar a situación.



O novo ano trae aires de cambio ao Atlético Villalonga

Os Vintage: Porriño Industrial 2017/2018

O novo ano trae aires de cambio ao Atlético Villalonga

Os pichichis da Segunda Futgal, grupo a