# Hashtag

Os Vintage: Porriño Industrial 2017/2018

O 27 de maio do 2018 quedará gravado por moito tempo como un gran recordo para a afección do Porriño Industrial. Ese día logrou o ascenso a Terceira División, na que competiu na tempada 2018/2019 e á que de momento non foi quen de regresar tralo descenso dese curso.

O ascenso chegou na última xornada

O salto de categoría tivo que esperar ata o derradeiro partido da liga regular da Preferente Sur. A vitoria por 0-3 no campo do Erizana CF otorgou a segunda posición final ao Porriño Industrial, empatado a puntos coa UD Ourense, consumándose desta maneira un histórico ascenso.

Un segundo terzo de tempada impecable do Porriño Industrial

Unha xeira de trece partidos consecutivos sen perder (11 vitorias e 2 empates), concretamente dende o 18 de febreiro no campo do Estradense por 2-1, propiciou en gran medida o ascenso do cadro dirixido dende o banco por Manuel Antonio Losada Míguez. Un tramo final de campaña sencillamente espectacular, que rematou cun gran éxito que aínda perdura na mente dos afeccionados do club.



O cadro de xogadores e o staff técnico que lograron o ascenso

O xa mencionado adestrador Manuel Antonio Losada Míguez dirixía, xunto aos seus compañeiros de corpo técnico Jesús Pereira (delegado), Juan Maceira (axudante) e Mario López (preparador físico), un equipo de garantías. O cadro de xogadores estivo composto polos porteiros Fernando López, Miguel Fontán, Pablo Carreira e Abel González; os defensas Alberto Enrique García, David Areal, Bruno Pérez, Cristian Dacosta, José Giráldez e Miguel Ángel de Béjar; os centrocampistas Aarón Martínez, Jonathan Antúnez, Carlos Alberto Campo, Claudio Giráldez (actual adestrador do Celta de Vigo), Eduardo da Concepción, Fabio Pérez, Roberto Carlos Fonseca, Fran Rodríguez, Iván Groba, Óscar Bargiela, Alpha Gabriel Sylla, Rubén López; e os dianteiros Benjamín Gómez, Ricardo Calviño, Raúl Espinosa e Sergio Ramilo.

Na parcela ofensiva destacaron os 16, 15 e 10 tantos anotados por Benjamín Gómez, Ricardo Calviño e Iván Groba, respectivamente.

A actualidade do Porriño Industrial

A primeira fin de semana competitiva do 2026 enfrontará ao Porriño ante o Villalonga, nun encontro correspondente á décimo sétima xornada da Preferente.



Dani Fernández Varela lidera a un equipo que rematou o 2025 en sexta posición con 27 puntos, a soamente un do Cultural Areas, quinto e por tanto último conxunto do grupo 2 da Preferente con dereito a participar no play-off de ascenso a Terceira RFEF.

FOTO PORTADA: Óscar Vázquez (La Voz de Galicia)



Os Vintage: Porriño Industrial 2017/2018

Un agasallo Diferencial polo Nadal! O equipo

Os Vintage: Porriño Industrial 2017/2018

O novo ano trae aires de cambio