En FutbolinGalicia non nos olvidamos dos xogadores, adestradores, afeccionados, directivos, árbitros e demais membros do noso fútbol, é dicir, de todos aqueles que día a día aportaron o seu gran de area para que o fútbol galego sea do mellor do fútbol español. O protagonista desta nova entrega de Os Vintage é César Freire Lesta. A continuación a conversa con esta lenda do noso fútbol, con pasado en clubs importantes dende Primeira Futgal a Segunda B.
FutbolinGalicia (en adiante FIG): Cal foi o teu primeiro contacto cun balón?
César Freire Lesta (en adiante CFL): «Xa choveu! Supoño que como todos na miña época; na rúa cos amigos.»
FIG: De que equipos sénior formaches parte?
CFL: «Din o salto a sénior no equipo do pobo. Era xuvenil e debutei en Preferente co Sada. Logo fichei polo Bergantiños en Terceira e tamén xoguei en Montañeros en Terceira e Segunda B, Mesón do Bento en Terceira, Dubra en Preferente, Betanzos en Terceira, Silva en Terceira e Preferente, Sada en Preferente e San Tirso en Primeira e en Preferente.»
FIG: Tantos anos de carreira e estar en varios equipos de seguro que as anécdotas son numerosas. Cóntasnos algunha?

CFL: «Teño unha que me fai especial gracia contala! No meu primeiro ano de modestos en Sada tiña un compañeiro que nunca limpaba as botas de fútbol (en campo de herba, en inverno, moi brando) e un día apareceu con elas limpiñas e todos alucinamos. Comentounos que súa nai llas lavara. Xogou toda a primeira parte e chegou ao descanso diciendo que as botas lle molestaban. Meteu a man na bota e tiña papel de periódico. Xogou toda a primeira parte co papel de periódico na punta. Como tería os dedos!»
FIG: Cres que as competicións e os xogadores tiñan máis nivel antes ou agora?
CFL: «As épocas son diferentes. Antes competiase moito máis. O fútbol era máis físico. Agora a xente moza ten máis calidade pero cústalle máis competir.»

FIG: Que recordos gardas da tempada co Montañeros en Segunda B?
CFL: «Bos recordos, moi bo ambiente no vestiario, mistura perfecta entre veteranía e xuventude, e iso notábase no campo. A tempada foi moi boa. Faltounos algo de sorte no tramo final para non descolgarnos da zona alta.»
FIG: O San Tirso é o teu último club. Como chegas a el e que significa para ti o club?
CFL: «Por motivos laborais deixei de xogar en Terceira e fichei en Sada. Fixemos un bo ano mais acordamos unhas situacións que non se cumpliron, entón pensaba en deixalo e chamoume o San Tirso. Falamos, pareceume xente seria e formal. O obxectivo era ascender a Preferente e gustábame o reto. Ascendeuse e o resto de anos foise crecendo pouco a pouco. Para min é o club perfecto para estar. Deixan traballar tranquilo, intentan axudar en todo, son serios e cumpridores. Lévome un bo recuerdo tanto de compañeiros coma de corpos técnicos, directivos e traballadores do club. Agora un pedazo do meu corazón futbolístico é verde.»
FIG: Hai algún adestrador que te marcase especialmente?

CFL: «Podería darche moitos nomes, mais olvidariame dalgún. De todos podería sacar cousas boas.»
FIG: Cales son os tres mellores momentos da túa carreira?
CFL: «Debutar no equipo do meu pobo, o ano de Segunda B en Montañeros e a última tempada en San Tirso gañando a Copa da Coruña.»
FIG: Quen foi para ti o atacante máis complicado de marcar?
CFL: «O máis complicado de marcar para min non foi un dianteiro, foi un central! Aira nos córners era unha bestia!



























































































































































































































































































































































































































































































































