A loita entre os favoritos da Terceira RFEF está máis apretada ca nunca. O parón polos partidos que desputará a selección galega UEFA adiará o enfrontamento clave entre o Compostela e Arosa para o domingo 7 de decembro.
A ambos conxuntos só o separan tres puntos na táboa, unha marxe que se foi recortando xornada a xornada. O cadro santiagués chega coa sensación de deixar escapar puntos nas últimas xornadas, mentres que o equipo arlequinado afróntao co impulso de recuperar a segunda praza tralo seu triunfo máis recente ante un rival tamén directo, como é o Estradense.
O Compostela instalouse nunha dinámica de irregularidade, con tres empates no seu últimos cinco partidos. As táboas fronte ao Atlético Arteixo (1-1) e o Barbadás (1-1), ademais do 2-2 ante o Villalbés, frearon o seu avance.
A capacidade goleadora do Arosa
O Arosa, pola súa banda, chega á xornada coa moral reforzada tras vencer ao Estradense (2-0), un resultado que lle valeu para recuperar a segunda praza na clasificaicón. A súa maior garantía é o goleador Gabri Palmás, que xa suma sete tantos.
Somozas e Céltiga, as revelacións
O playoff complétano Somozas, Céltiga e Estradense. A pesar de caer ante o Alondras, o conxunto da Illa vén de asinar un tramo de resultados sobresaínte: cinco vitorias seguidas que o catapultaron ata a cuarta posición. Ademais, este ascendido foi capaz de frear ao líder, o Compostela, sacando un valioso empate no Salvador Otero.
Imaxe de portada: Atlético Arteixo



























































































































































































































































































































































































































































































































