Hai equipos que só saborearon vitorias neste inicio de liga, ao gañar todos os partidos desputados ata o de agora. Están repartidos entre Segunda e Terceira Futgal e son os seguintes:
- Rayo 21 (Ourense, na foto principal): nun dos grupos ourensáns da Segunda domina con autoridade este equipo que leva dez vitorias en dez partidos. Son 30 puntos, ademais de 35 goles a favor, nove deles obra de Guillermo, pichichi do grupo.
- Maravillas SD (A Coruña): xa na Terceira atopamos equipos con pleno de vitorias como este clásico do fútbol afeccionado coruñés, con oito de oito no inicio de liga. Tamén ten nas súas filas ao máximo goleador do grupo, Carlos Silvosa, con once dianas.
- SD Oza (Carballo) e Coristanco: comparten liderado no grupo da Costa con 21 puntos cada un e este domingo mediranse no campo do Carral, polo que se agarda todo un partidazo entre dous equipos que só saben sumar vitorias.
- Lalín ‘B’: Nun dos catro grupos nos que se reparten os equipos da área de Santiago atopamos o segundo equipo do CD Lalín, que xa ten unha vantaxe de nove puntos sobre o segundo clasificado. Os roxinegros levan 27 puntos, tras vencer nas nove primeiras xornadas.
- Mondoñedo FC: a Terceira Futgal leva menos xornadas en Lugo, pero o Mondoñedo Ciudad non fallou en ningunha das cinco xa celebradas. Suman 15 puntos e case unha vintena de goles no casilleiro.
- CD Corgo: Mesma situación que o anterior, pero neste caso no grupo sur para un CD Corgo con 17 goles a favor en só cinco partidos
Equipos con case pleno de vitorias
Hai outros equipos que gañaron todos os partidos agás, que ou ben empataron ou ben perderon. Nesa listaxe están a SD Chantada, o Chaín, o Marín e o Atlántida Matamá, en diferentes grupos da Primeira Futgal. Na Segunda, dáse o mesmo caso co Numancia de Ares e o Monteporreiro.
Na Terceira hai diferentes equipos nesa situación, como o Eirís, o Bergantiños B, Visantoña, Monfero, Santa Cruz de Montaos, Resmón, Catro Roldas, Rubián, Arrabaldo, Noalla, CD Grove e Racing Vilariño.
Que son os Diferenciais?
Os Diferenciais da Primeira Futgal de FutbolinGalicia son eses xogadores que anotan goles chave para os seus equipos, para levar os tres puntos, para salvar un empate in extremis… Tamén os que realizan grandes actuacións individuais. Todo iso recoñecemos nesta sección dos Diferenciais, que iremos actualizando xornada a xornada e para a que agardamos contar tamén coa colaboración dos lectores.
FOTO: Facebook Rayo 21



























































































































































































































































































































































































































































































































